Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Que non lle falten coidados ós enfermos

jueves, 06 de junio de 2019
Pensar que non lle van faltar coidados ós enfermos nunha sociedade tan adiantada e con tan bo personal sanitario como hai en España, perece un pouco paradóxico.
Si.

Certamente, adiantamos moito en coñecementos médicos, melloramos moito a Sanidade Pública e tamén a Privada.
Pero…
¿Cantas persoas énfermas están soas nos seus fogares?
Moitas.

Realmente esta crúa realidade apenas se ve porque se dá principalmente no fogar onde sofren caladiñamente no anonimato moitas persoas.

Certo que os Servizos Sociais prestan algunha axuda, pero é insuficiente a todas luces.

Parece incrible que unha persoa pase mil visitudes para sacar unha familia adiante, sacrifique toda unha vida criando fillos e netos, dando todo o mellor de sí en favor dos seus, e –nos momentos máis delicados- se sinta abandoada.

Ata se dan casos de persoas que pasan á outra vida en absoluta soidade.
Sábese que morreron cando levan varios días defuntas.
Saen nos medios de comunicación cando xa levan tempo defuntas na súa casa.
Desto falan a miúdo os medios de comunicación social.
¿Curioso, non?

Esta é unha asignatura que ten pendiente a nosa sociedade.

Temos moito que aprender:
-TEMOS QUE APRENDER QUE A ENFERMIDADE É A OUTRA CARA DA SAÚDE.
-TEMOS QUE APRENDER QUE NINGUÉN TEN A SAÚDE GRARANTIZADA DE POR VIDA.
-TEMOS QUE APRENDER QUE TODOS SOMOS POTENCIALMENTE DEPENDIENTES.
-TEMOS QUE APRENDER QUE ANTE A ENFERMIDADE, RENDÉMONOS TODOS.
-TEMOS QUE APRENDER QUE A DIGNIDADE DA PERSOA É A MESMA TANTO MENTRES ESTÁ SA COMO CANDO CAE ENFERMA.
-TEMOS QUE APRENDER QUE COIDAR ÁS PERSOAS ENFERMAS É UNHA PRIORIDADE.
-TEMOS QUE APRENDER QUE NUNHA SOCIEDADE LONXEVA E AVELLENTADA HAI MOITAS ENFERMIDADES PROPIAS DA IDADE.
-TEMOS QUE APRENDER QUE A DEPENDENCIA AUMENTA DÍA A DÍA…

É moi triste ver como os aspirantes a gobernar o país non teñen clara esta prioridade.

AS PERSOAS ANCIÁS E ENFERMAS CONVERTENSE EN PERSOAS SEN VOZ E SEN VOTO CANDO EN REALIDADE, moitas delas, FORON AS QUE LEVANTARON O PAÍS QUE TEMOS HOXE EN DÍA.

Podemos ser un país con moitos universitarios, podemos ter uns traballos que nos dean moitos cartos, podemos ter un bo nivel de vida….

SE NON ATENDEMOS ÁS PERSOAS ENFERMAS; POUCA OU NINGUNHA CALIDADE HUMANA TEMOS.

O progreso e o nivel de vida dun país non só se mide en términos económicos.
A calidade de vida esixe moito máis: ESIXE ATENDER ÁS PERSOAS Ó LONGO DE TODA A SÚA VIDA, TANTO NA SAÚDE COMO NA ENFERMIDADE.

Como parece que os gobernantes prestan máis atención a outras prioridades; moito me temo que teña que ser a familia a que teña que tomar cartas no asunto.

Felicito aquelas familias que teñen os seus enfermos coidados con todo o amor que necesitan; tanto se o merecen máis como se o merecen menos.
Aínda quedan moitas FAMILIAS; principalmente no medio rural.

Ver unha persoa anciá ou unha persoa enferma debidamente atendida, indica un nivel de dignidade humana moi elevado; SIGNIFICA CALIDADE DE VIDA.

Ver toda a familia volcada nos coidados do enfermo indica que nesa familia hai amor: a riqueza máis grande que pode ter unha familia: o amor.

Tamén debemos felicitar aquelas institucións que saben estar á altura das circunstancias: un labor difícil pero de moito mérito.

O outro factor moi importante é a propia persoa enferma: as enfermidades producen moitos cambios na persoa que as padece.
Unhas persoas son moito máis doadas de coidar que outras:

-UNHA PERSOA DEPENDIENTE QUE É SUFRIDA E CALADA, FAISE QUERER.
-UNHA PERSOA DEPENDIENTE AGRADECIDADA; DÁ GUSTO COIDALA.

Certo que á persoa enferma pouco ou nada se lle pode esixir: bastante ten co seu mal.

O QUE CÓMPRE É QUE HAXA PERSOAS CON AUTÉNTICA VOCACIÓN DE COIDADORAS.

A vocación non se obtén nas universidades, a vocación non se compra, a vocación sae da alma.

“A VOCACIÓN SAE DA ALMA”
Ese será o título do seguinte artigo.

Moitas grazas por cantos coidados lles deixa ofrecidos ás persoas enfermas do seu entorno.

Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

¡Que teña un bo día!
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES