Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Tratantes ou trileiros

miércoles, 05 de junio de 2019
O que está ocurrindo no Senado español, é un bo exemplo de mal uso de determinadas prerrogativas dos nosos representantes na chamada Cámara Alta, seguro que extrapolable a calquera administración, segundo as características desta.

Na consecución de grupos propios por parte dos representantes dos partidos políticos no Senado, os nosos dignísimos representantes préstanse a un chalaneo que deixan nun inocente xogo de nenos aos vellos tratantes das feiras, e rozan o escamoteo dos trileiros.

Ter un grupo político no Senado esixe que un partido teña un mínimo de dez senadores, o que lle vai permitir intervir a tempo completo nas sesións, pero sobre todo cobrar 1.900 euros por senador, e 15.200 euros mensuais polo propio grupo.

Unha solución é xuntarse os de varios partidos para chegar a ese total, co que hai que repartir tempo e euros, e outra recurrir ás ficcións interesadas para burlar o espírito da Lei.

Sorprende saber que como Podemos non conseguiu ningún senador en votacións, e só ten os cinco que se lle asignan polas autonomías, o Psoe lle presta cinco para que forme grupo, pero logo estes volven ao seu rego, sen que pase nada. Hai quen calcula que esta acción benéfica lle vai supoñer a Podemos a cantidade de 729.600 euros nestes próximos catro anos.

Junts per Catalunya ten catro senadores, pero o Psoe, con maioría absoluta no goberno do Senado, está de acordo en que consiga ter grupo parlamentario propio. E pode darse o caso de que un grupo ceda un Senador a outro, e logo, cando lle anulan un dos membros por estar suxeito a causa penal, quedarse composto e incompleto por non ter nùmero suficiente.

Todo esto é legal. O que non sei se é decente. Se esto se xeneralizase ao resto das institucións podería chegarse en Lugo a que Lara Méndez lle pedise a Ramón Carballo que lle prestase cinco dos seus concelleiros para a sesión de investidura, que a eses efectos a el non lle valen para nada. Ela evitaría bailar ao ritmo que toque a orquesta do BNG, devolveríallos logo ao Partido Popular, quedaríalle a deber un bo favor, e todos contentos.

O do Senado non é máis serio do que resultaría algo tan estrambótico. Pero, claro, é a Cámara Alta.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania