Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

miércoles, 05 de junio de 2019
Todo o que entra sae

Cando eu, precisamente eu, levo dous días sen escribir e case sen ler, malo! Algo non cadra. Non cadra a saúde neste corpo, hoxe, escarallado, griposo, nugallán e moi pero que moi cansado. Non teño ganas de nada. Ata nin teño ganas de soñar, que xa é dicir. Co que a min me gusta soñar esperto. Todo debeu empezar por un condenado cacho de sandía. A ver, a sandía se realmente está rica penso eu que é coméndoa fría, canto máis fría mellor. Na seguinte madrugada xa notei algo raro na gorxa. Axiña pensei na auga da burga de Baños de Molgas; ou sexa, de beber dela, que eu ben sei que, a ese respecto, é man de Santo ou man de curandeiro. Pero como asunto coincidiu en fin Pingas de Orballode semana, houbo que aguantar. Logo da gorxa, asomou pola miña cachola unha dor tan forte que me imaxinei danzando o baile de San Vito. Era domingo. Non obstante, o periódico había que lelo, o cafeciño había que tomalo e o pan había que mercalo. O paseo foime bo, despexoume algo. Así é que dei outro paseo pola tarde. Pero ó meterme na casa, máis en concreto na cama, nin libro que valla nin ansias dun Pingas de Orballo. A gripe xa atacaba a esgalla: mocos e, hoxe pola tarde, voz tomada. Pero, coidadiño!... todo o que entra sae. Vaia se ha de saír! A testán non me gana ninguén.

Fútbol finxido

Non sei, pero dáme que a partir de agora, a partir deste barullo causado no fútbol a causa das apostas ilegais, este deporte imos ter que velo doutra maneira. Penso que nos temos que empezar a acostumar a ver un fútbol ficticio, finxido. O típico: cando falla un porteiro (que ten todo o dereito do mundo a fallar), será porque fallou realmente ou será por deixarse meter un gol? Cando un defensa se queda curto nun pase ó porteiro ou a algún compañeiro e o equipo contrario marca gol, será porque atinou mal na forza do pase ou porque realmente quería que a pillase o dianteiro? Si, vai ser moi complicado descubrir se é fútbol real ou ficticio, fútbol legal ou vendido. A verdade que esta redada vaille facer moito dano ó fútbol. A non ser que optes polo ficticio... foi gol, e punto, que máis dá que fose desta ou daquela maneira. Non queda outra que optar por este desinterese. Porque se nun fallo empezas a pensar mal... mira que non hai fallos. Pero é que visto o visto, é coma para pensar mal. Xa se pode mover a Federación e castigar duramente estas falcatruadas, pois senón o fútbol vai quedar coma un deporte ancestral. Ata nas declaracións dos propios xogadores quedará agora a dúbida da verdade. Iso de por amor ás cores vai ser difícil asimilalo. Amor ós cartos, iso si.

Canícula

Cando hai moita calor, din que se asan os paxariños. Hoxe ásanse os paxariños. Vai moita calor. Tamén din, nestes casos, que vaias pola sombra. Á biblioteca fun pola Pingas de Orballosombra. E neses cachos nos que non existía tal (curtiños, iso si) non me quedaba outra que facer pantalla ou tornar o sol co libro que levaba para devolver e, á volta, co libro que collera en préstamo. Pero no traxecto que hai á entrada da Finca Fierro, aí nin libro nin rabo de gaitas; caía a canícula de tal maneira que incluso mirei se había ou non algún paxariño asado. Menos mal que a rúa que máis uso na Valenzá con dirección a Barbadás é a da dereita, á que, polas tardes, lle dá sempre a sombra. Mais aínda así, ás seis e media da tarde, por exemplo, seguen a asarse os paxariños. É dicir, que vai moita colar. Moita. A verdade é que foi unha animalada o saír da casa, pero... os malditos libros! E non vale que teña aínda dous na casa pendentes de lectura! A ver se non me van gustar... E acaba de empezar a fin de semana... Non sexa o demo que... Así é que, por se aquel, boteime á rúa baixo unha canícula do carallo por tan só un libro. Minto. Tamén lin un xornal na biblioteca, merquei dúas barras de pan, tomei unha auga (si, unha auga, hoxe non tocou café) ó mesmo tempo que escribía este pingas.

480 Flexións de ombreiro

Abilio Esperto Rañado rise deses deportistas que se gaban continuamente das súas flexións, coma se fosen Rockys en estado de graza. Pero el, o fillo da Píntega, fixo o outro días 480 flexións... de ombreiro! Botou todo o sábado sabadete poñéndolle a rolla ás botellas do viño branco da derradeira colleita. Dándolle á máquina para que o cortiza penetrase polo bico da botella. Ás veces ata había que xemer un chisco. Non obstante, o máis esperpéntico do asunto é que Abilio Esperto (ó que por detrás lle chaman O Dios Bendito, aínda que de bendito seica non ten nada, pero a xente nas aldeas xa se sabe...) non proba o viño. É completamente abstemio. De aí que embotellase con luvas de vertedoiro. Non fose o demo que lle caese algunha pinga de viño nas súas mans de sacho labrego. O Dios Bendito é abstemio desde cativo, desde que unha vez lle fixeron probar o viño cando andaba arrincando nas patacas. Sóubolle a unha medicina que lle facía tomar a nai a base de labazadas. Porque antigamente, ante as mamás ou papás e as persoas maiores non existía o adverbio de negación “non”. Se por un casual se che escapaba, axiña te puñan na situación correspondente. Pois iso, que sendo abstemio, hoxe, a Abilio Esperto dóelle un chisco o ombreiro dereito por culpa de 480 flexións. Que se rían agora os presuntos ximnastas.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES