Non é fácil expresar cos ritos da retórica habitual o noso sentimento, o da miña esposa e o meu, pola morte do amigo D. Manuel Regueiro, a quen debemos leccións de sabedoría,

humildade e dunha excepcional condición moral, cuxo maior maxisterio foi poñer a súa humanidade ao servizo do ben; non era fácil superar a súa xenerosidade e a delicada e rigorosa pulcritude espiritual e profesional.
A súa vida debe ser un motivo de orgullo para toda a familia, e especialmente para María Teresa, a súa esposa, que compartiu os episodios de dor durante varios anos cunha fortaleza eloxiable.
É posible que a nosa vida acabe moito antes de que se nos borre o baleiro da ausencia do amigo Manolo, porque el deixou detrás de si dous recordos inextinguibles: a alegría de vivir en paz con todos e a súa inalterable bondade.
Carme García e Pedro Rubal.