Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Maiorías e pactos

lunes, 03 de junio de 2019
Por esta vez non houbo nada programado de especial para a transición hebdomadaria, é dicir, entre a noitiña do sábado e o amencer do luns, ou sexa, o domingo. Resumindo, que esperemos que non acontecera nada extraordinario no sétimo día. Que dixo Deus que estaba para descansar. Así é falarei do auténtico acontecemento semanal, xa que non puiden facelo no Recuncho anterior. Que xa votamos e que, como non, tamén houbo sorpresas. Sorpresas para un servidor. Outros recibiron, falando claro, unha malleira. Como eu son o que escribo, falo das sorpresas, xa que non quero facer sangue nos derrotados e iso que sempre se dixo que gozamos moito máis que nos rimos moito máis coas desgrazas alleas.

Maiorías e pactosPara min houbo sorpresa en Baños de Molgas, e non porque ganase o BNG, que, máis ou menos, esperábao, esperabámolo, senón pola forma que tivo de ganar, ou sexa, arrasando. Agora si ten catro anos por diante para demostrar a súa valía, pois non está suxeito a ninguén. E segundo ata agora podía achacar algo das ataduras, agora chégalle o momento para realizar os seus desexos e demostrarlle ós veciños que se non fixera máis fora porque non o deixaran. Esperaremos acontecementos.

Non obstante, a maior sorpresa coa que me erguín hai xusto sete días, foi con ese mesmo partido, pero en distinto concello, aínda que iso si, limítrofe; o de Vilar de Barrio. Iso si foi deses momentos nos que nin eu nin creo que moitos esperabamos. Que o Bloque vencese a toda unha institución ou “eternidade” en Vilar de Barrio.

Sobre os demais concellos que me interesan, ben por convivencia ou por proximidade direi que en Maceda o asunto aínda está no aire, aínda que penso que vai seguir o anterior, ou sexa, Rubén Quintas; que en Barbadás máis ou menos ganaron os mesmos, pois coido que seguirá o entendemento entre o PSdeG e o BNG; e por último, o detalle curioso estivo en Castrelo do Miño: 3, 3 e 3. O BNG perdeu a maioría absoluta, pero imaxino que pactará co PSdeG. Imaxino. Claro que a política é tan rara. É coma ese fútbol finxido; que pensamos que fan as cousas por amor ó club e resulta que, despois, por culpa dunhas apostas... Os partidos ou políticos sería por amor ó paisano de a pé, pero despois por uns intereses...
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES