Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Vivir ou aparentar vivir

miércoles, 05 de junio de 2019
Nestes tempos virtuais, unha persoa pode construírse unha vida en dúas dimensións: a virtual e a real. Teoricamente, a primeira aliméntase da segunda, sendo o seu espello e difundindo as ledicias que vivimos aos catro ventos. Esta difusión pasa por ser a verdade, unha verdade indiscutible que ten a imaxe como proba irrefutable. Isto impide cuestionarnos o que hai antes e despois da foto fixa. A realidade é unicamente esa foto fixa.

Isto lévanos a construír conceptos de persoas ou máis ben preconceptos das mesmas sen voz nin movemento pero si con abondosos feitos que proban un movemento que quizais nós desexemos ter. Neste punto, cabe preguntarse se un determinado evento se vive igual cando estamos permanentemente pendentes de inmortalizalo en fotos ou vídeos. Esta pregunta lévanos a outra máis transcendental: imos a un determinado lugar para coñecelo e vivilo ou para deixar constancia de que fomos? Ao mellor esas vidas fotográficas teñen moito que envexar ás nosas ou ao mellor son como as nosas e viven nun permanente entroido que lles serve para agochar frustracións.

Son usuario de redes e seguireino sendo. Tamén, son consciente de que lles dedico máis do que debería pero coido que debemos de facer autocrítica e dicir e convencernos de que a vida faise fora con tactos, afectos, sensacións, retos, aventuras, proxectos e ilusións. Ás veces, a vida pónsenos tan costa arriba que aparentar vivir é un refuxio case imprescindible pero nalgún momento temos que regresar a respirar frescuras novas para enfrontarnos outra vez á construción da realidade. Temos que apostar duro por vivir, sabendo que aparentar vivir so pode ser un refuxio ou unha cárcere de silencios para un corazón vencido.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES