Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Manuel Regueiro, xa con Fraguas

sábado, 01 de junio de 2019
Manuel Regueiro, xa con Fraguas Hai uns días atopei a invitación que orixinou a miña amizade con Manuel Regueiro Tenreiro: O I Foro da Cultura Galega que se celebrou en Vilalba en maio de 1982, polas Letras Galegas, no Instituto Basanta Silva onde foi Director, e no que falaba sobre os “Valores operativos do Galeguismo”.

Pouco despois –comezo de 1983- colaborei con el nos actos do Centenario de Ortega. Xa estaba en Lugo, e coordinaba aos profesores de filosofía dos Institutos da capital. Foi o comezo dunha longa amizade, chea de iniciativas, de proxectos, de realizacións, nas que sempre Regueiro poñía ilusión, esforzo e un coñecemento amplo e firme, profesoral, que garantía os mellores resultados.

A súa teima era o Idioma, con maiúsculas, e durante anos levou a responsabilidade da súa impulsión desde a Xunta de Galicia. E acorde co seu carácter, co “sentidiño” galego, e coa realidade, avogaba e loitaba por un “bilingüismo harmónico”, de convivencia entre as dúas linguas que manexa a nosa xente.

A “última cruzada” de Regueiro, a prol da memoria do seu amigo Fraguas, na que colaborei, que está en marcha a toda máquina, contou coa axuda inestimable de Antonio Prado, Xulián Parga e Paco Martín.

Manuel Regueiro, xa con FraguasO “meu Regueiro” enmárcase temporalmente entre estes dous grandes –Ortega e Fraguas-, e se ilusión puxo hai trinta e seis anos no de Ortega, moito máis puxo no de Fraguas sabendo que o seu pé estaba xa no estribo, e que cando chegara xunto ao amigo no alén, no ceo dos galegos, podería rendirlle contas ao vello profesor e darlle novas dos seus xa vellos alumnos do Instituto de Lugo que que tanto lle queren.

Saúda, Manolo, a todos os “grandes” dos que sempre formaches parte. E unha aperta forte, amigo.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES