Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cos programas diante

viernes, 31 de mayo de 2019
Despois das resacas electorais chega a hora de pasar do xeral ao concreto. Rematou a etapa das palabras e comeza a dos feitos. Pola nosa banda, queda a dúbida de saber se esta vez podemos confiar ou foron promesas para a ocasión. É fácil manifestar apoio desde unha mesa de debate ou desde un panfleto.

Estamos saturados de teorías que non eliminan barreiras nin fan efectivos os nosos dereitos máis elementais. Non quero pensar que a diversidade funcional se utilice como arma electoral. Cos programas diante podemos ter unha pequena idea da empatía de cada partido, así que retomo os folletos dos que obtiveron representación e copio textualmente:

- Urbe conectada, cómoda e accesible aproveitando as novas tecnoloxías.

- Novos ascensores e mapa de servizos municipais cos recursos e prestacións para a cidadanía.

- Plan formativo de apoio á incorporación laboral e Plan de barrios en igualdade baixo a idea dun Lugo accesible.

- Eliminación de barreiras arquitectónicas e zonas de baño accesibles.

Cos programas dianteSon conceptos difusos que precisan concreción. Somos conscientes de que as cousas non se poden arranxar de golpe e necesitan o seu proceso, pero tamén necesitan constancia e, sobre todo, supervisión. Esta lexislatura ten que servir para dar resposta ao listado de vellas reivindicacións que xa cansa repetir. Unha vez máis pido “políticas de INCLUSIÓN” á hora de acometer calquera iniciativa e que conten con nós como coñecedores da realidade de primeira man. Algo tan simple e á vez tan complexo como pensar se en todas e cada unha das actividades que se emprendan teñen cabida todos. Non incapacita o déficit da persoa, senón a ausencia de respostas. A modo de exemplo negativo a entrada da Cafetería La Fundación, recentemente inaugurada.

Remato cos mellores desexos para o novo Equipo de goberno e tamén para a Oposición. Dentro de catro anos, que non teñamos que falar dos mesmos temas e poidamos presumir de que Lugo é a CIDADE DE TODOS.
Bravos, Marisol
Bravos, Marisol


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES