14 poetas acompañarán a Emilia Martínez Fuentes na presentación do seu primeiro libro,

Lendas e versos o próximo venres, día 31, ás 20:30 no Centro Cultural e Recreativo de Vilalba.
O acto será conducido por Antón de Guizán (NPG Nova Poesía Guitírica e Os Vilares Lareira de Soños) e intervirán:
-José Carlos Ulloa (Prologuista do libro que falará do poemario) de Lugo.
-Ana Vila Portomeñe, a poeta labrega de Taboada.
-Moncho Bouzas da NPG Nova Poesía Guitírica.
-Asun Blanco das Pontes.
-Xelo Teijido da NPG.
-Ana Mar Fraga de Cospeito.
-Clara Blanco da NPG.
-Toño Núñez de Navia/Lugo.
-María Pereira da NPG.
-Anxo Boán da Irmandade poetica e artística luso-galaica, Chantada.
-Branca Villar da NPG.
-Luz Airado de Vilalba.
-Anxela Gracián de Castroverde.
-Pilar Maseda, de Vilalba (NPG).

A presentación de Lendas e Versos convertirase así, nun acto de homenaxe poética á autora, Emilia Martínez Fuentes, nativa de Monfero e residente en Vilalba e que forma parte tamén do grupo poético NPG Nova Poesía Guitírica.
O libro está composto de lendas tradicionais e máis de 70 poemas foi ilustrado pola súa filla Isabel, unha moza que xa é moi coñecida na Terra Chá polas súa obra.
O proximo venres, ás 20:30 poderase disfrutar en Vilalba dunha novísima obra literaria e escoitar a coñecidas voces poéticas no Centro Cultural de Vilalba. A entrada é libre e a autora asinará libros a quen o desexe.