Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Arredor do Nadal

jueves, 03 de enero de 2008
Sen dúbida o mais fermoso rasgo do Nadal é aquel polo que as xentes se senten especialmente solidarias; o sentimento que provoca a consideración de quenes carecen en tales datas dos mais primordiais medios que lles permita celebrar coa elemental dignidade unhas festas que, afastadas de todo boato ou exteriorización de poder económico ou social, teñen a súa mais fonda expresión nos afectos compartidos e, como escenario, a intimidade do fogar.

Pero ás veces este fogar atópase baleiro; baleiro de afectos e tamén dos recursos materiais indispensable que pemitan a efímera alegría dunhos días de abundancia.
A situación que viven algúns países, nos que as guerras, as enfermidades, a fame e a inxusticia social fan inhumanos destrozos, e en cuxo auxilio se nos convoca con relativa frecuencia, poderían facer de cortina de fume que ocultase outra realidade más preto de nós: a que cada día viven conveciños nosos, persoas do noso propio contorno ós que os avatares da vida os sumen nunha existencia na que as privacións, as carencias de todo tipo, enmarcan o seu infeliz horizonte.

As rupturas da parella; os abandonos da familia, o paro, a droga e, en xeral, as dificultades económicas son causas principais que desembocan en situacións, ás veces dramáticas, que producen víctimas inocentes, como o son os nenos. Fogares nos que a ausencia de amor, a falta de calor humano e material, provocan un xélido ambiente que parte a alma. Será bó pararse a pensar, porque chegou o Nadal e o espíritu de tal celebración fai que as xentes sentan o desexo de exteriorizar a alegría que as embarga e o impulso de compartir tal estado anímico cos demais. É tempo de ilusión e de esperanza, pero tamén das mais profundas nostalxias: a ausencia dos seres queridos teñen nestas datas especial significación.

De tódolos xeitos a celebración do Nadal evolucionou ó longo dos tempos, do mesmo xeito que o fixeron tódalas manifestacións relixiosas ou sociais.

O 21 de decembro ten lugar o solsticio de inverno, a máxima declinación austral do sol, que provoca a noite mais longa do ano e o día mais curto. Foi, pois, dende sempre, unha data vencellada ó sol e o home, dende moi antigo e en diferentes relixións, celebrou este feito natural como a victoria do astro. O cristianismo adaptouse a esta celebración e, de forma simbólica, fixo coincidir o nacemento de Xesús nestas datas.
En tempos era tradicional o rito do “lume novo” ou o “tizon do Nadal”. Esta costume lembra o nacemento do sol que os devanceiro celebraban dende antigo, simbolizado plásticamente no lume da lareira. Facíase con moito respecto porque en moitos lugares decíase que as ánimas dos difuntos da familia víñanse quentar ó calor da lareira esa noite, por eso nunca se podía deixar morrer o lume, nin varre-la lareira arredor.
A medianoite ten lugar na igrexa a celebración da Misa do Galo, hoxe en franca decadencia. Debe o seu nome a que este animal é o que anuncia a presencia do novo día, da chegada da luz que simboliza a Xesús.

No tempo de Nadal era costume que os rapaces cantasen polas rúas. Estes cantares reciben a súa denominación según as datas: panxoliñas e nadais, na noiteboa e o día 25; xaneiras e “aninovos” na última noite do ano e o primeiro día do ano que chega, e reis ou aguinaldos a noite do cinco de xaneiro e a mañá do día de Reis. Hoxe, en poucas localidades manteñen vivas as roldas que van polas casas dos veciños, tocando pandeiros, cunchas ou cubertos, cantando e pedindo un aguinaldo: noces, castañas, figos pasos, un groliño de viño, ou mesmo cartos.

As formas cambearon, pero aínda neste mundo globalizado, tan materialista, permañecen certos valores que teñen mais que ver co espíritu; é decir, cos sentimentos. Por eso expresamos os nosos bós desexos para os lectores con aqueles versos vellos e entrañables: “Bendice, Señor, nosa casa e noso fogar/ e mantede para sempre alcendida/ a fogueira do esprito na vida/ e o braseiro do lume no lar”.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES