Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Traballo, tesón e honradez

jueves, 30 de mayo de 2019
Seguramente vostede coñecerá a moitas persoas que a base de moito traballo, moito tesón e moita honradez conseguiron saír adiante na vida.

Existe unha minoría que lle vén dada unha vida máis doada; pero a maioría da cidadanía de a pé, temos que labrarnos a vida a base de esforzo, tesón e honradez.

Ter constancia no traballo no é nada doado.

Non é nada doado, pero ten as súas recompensas:
-Un estudiante, desde a súa infancia, vai vendo como se lle recoñece a seu esforzo nos estudios e disfruta cada vez que as calificacións certifican a súa entrega.

A vida de estudiante é unha vida de entrega e dedicación.

Os estudios son un traballo duro e difícil.
Pero a recompensa de sentirse un pouco menos ignorante, estimula a seguirse superando.

Hai moitos que non se senten con forzas para seguir e collen outro camiño.
Pero tamén hai moitos que loitan e loitan e consiguen superarse.
Esa loita prepáraos para seguir loitando na vida, porque hai algo moi claro:
“A VIDA É UNHA LOITA CONSTANTE”

“QUEN NON ESTEA DISPOSTO A LOITAR, VESE OBRIGADO A CLAUDICAR”.

Hai persoas con moitísimo tesón, persoas que son capaces de sacrificar moito para conseguir aquelo que pretenden.

Tamén son moitas as persoas que se esforzan cos seus propios medios traballando concienzuda e honradamente.

A honradez é un valor do que non se fala todo o que se debera nos últimos tempos.

Dáse por entendido que unha persoa é honrada; pero non sempre.
Unha persoa honrada, sempre será unha persoa de fiar.
Afortunadamente hai moitas persoas de fiar.
Desas persoas é o éxito na vida.

Tamén hai moito charlatán; pero o charlatán: hoxe si, e non mañá.

A honradez apréndese no seo familiar, pero a educación tamén ten moito que ver.
Deberíanse incluir nos programas educativos valores como: a honradez, a responsabilidade, o tesón, o amor ó sacrificio, o respecto ás persoas de tódalas idades e condicións, o amor á nai terra, a moralidade…

Xa podemos ter moitos coñecementos en tecnoloxía, xa podemos coñecer tódalas ciudades do mundo, xa podemos saber moitas matemáticas, moita física, moita pedagoxía, moita medicina…etc.etc.
SE NON APREDEMOS A EMPREGAR TODO ESE COÑECEMENTO EN FACER A VIDA MÁIS AGRADABLE ÁS PERSOAS QUE NOS RODEAN, POUCO OU NADA TERÁ AVANZADO A HUMANIDADE.

A fin de contas, a esta vida vimos a ser felices, non a competir, nin a aproveitarnos dos outros, nin a ser máis que ninguén.

Para ser felices non basta con saber moito nin con ter de todo.
O QUE MÁIS FELIZ NOS FAI E SENTIRNOS QUE SOMOS BOAS PERSOAS.

Ser boa persoa significa aproveitar os nosos talentos para ser próximos ós que temos ó noso carón: interesarnos polos seus problemas, axudalos na medida das nosas posibilidades, estar sempre dispostos a dar o mellor de nós.

Todos temos algo bo que dar ós outros e todos debemos estar receptivos para aprender dos que temos ó noso carón porque son os mestres que a vida nos pon ó noso alcance.

Axudándonos mutuamente, sentímonos mellor e colaboramos na construcción dun mundo un pouquiño mellor cada día.

Hai moitas persoas que pensan así.
Hai moitas persoas que incluso fan voluntariado entregando o seu tempo, a súa saúde e os seus coñecementos en axudar ós máis necesitados.
TAMÉN HAI PERSOAS –cada vez menos, desafortunadamente- QUE CONSAGRAN As SÚAS VIDAS Ó SERVIZO DOS OUTROS: PRINCIPALMENTE AS ORDES RELIXIOSAS.

¡Canto ben non fan as ordes relixiosas atendendo enfermos e persoas con discapacidades severas!

¡Canto ben non fan as que se van de misionerias a vivir en condicións difíciles para atender ós máis necesitados!

Xa sabemos que tamén hai quen os critica e quen os decalifica; PERO XA SE ESTÁN BOTANDO EN FALTA PERSOAS CON ESA ENTREGA EN CENTROS DE ACOLLIDA:

-Sábeno moi ben aqueles pais que teñen fillos con discapacidades moi severas, internos en institucións.
-Sábeno moi ben aquelas persoas que teñen na súa familia enfermos mentais que non poden levar unha vida normal dentro do seo familiar.
-Sabeno moi ben aquelas persoas que teñen ós seus proxenitores en residencias de anciáns rexidas por ordes relixiosas.

NUNCA RECOÑECEREMOS SUFICIENTEMENTE A ENTREGA DESAS PERSOAS QUE CONSAGRAN AS SÚAS VIDAS ÓS MÁIS DESAMPARADOS.

Certo que hai outros centros que están intentando sustituílos, pero a entrega a tempo parcial dista moito do servizo continuo das persoas que consagran unha vida a eses servizos.

Estamos botando en falta eses servizos.

Terán que ser as propias familias as que recuperen a formación relixiosa nos fogares para que deles saian persoas con capacidade de entrega total.
Só Deus pode dar as forzas que se necesitan para loitar con tesón e honradez en favor dos máis indefensos: enfermos, discapacitados, anciáns…

Persoas de idade avanzada, hai moitas e enfermas de tódalas idades, tamén.

”QUE NON LLE FALTEN COIDADOS ÓS ENFERMOS”

Este será o título do seguinte artigo.

Moitas grazas a cantas persoas traballan incansablemente con tesón e honradez axudando ós máis necesitados.
Moitas grazas a vostede por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES