Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Unha luzada de Uxío

martes, 28 de mayo de 2019
A conversa entre o Papa Francisco e Uxío García Amor, o párroco de Vilalba, tal coma reflicte unha foto do pasado xoves, espertou toda a atención do pontífice.

Nunha praza ateigada de xente, a persoalidade de Uxío impactou na sensibilidade dun papa que anuncia novos tempos. De feito a presenza evanxélica de Uxío non lle escapa a ninguén, contaxia esa humildade franciscana que lle levou a rexeitar títulos e prebendas ficando na lama das nosas aldeas, e así a súa enerxía vivificadora manteno rexo aos seus 90 anos.

O esceario deste encontro xa era coñecido para o chairego que fixo estudos bíblicos en Roma, o que mesmo nalgúns circulos auguraba un nomeamento futuro coma bispo, pero a sabedoría que arrequece a súa traxectoria encamiñouno por outros vieiros, porque este misioneiro da “Boa Nova” fai comunidade dende abaixo.

A complicidade que zumega a ollada do Papa abrolla da súa sintonía coa dinámica liberadora deste axente pastoral capaz de vertebrar a persoas de distinto proceder. Sempre matinei que este espírito integrador no comunal é froito da súa habilidade extraordinaria coma director de corais, harmonizando voces e estilos de homes e mulleres, adultos e rapazada…, inspirado nas artes porque “a beleza fireuno para sempre” coma cantou Díaz Castro, igoal ca él poeta pertencente á Escola de Mondoñedo. Nesta mañá de primavera o sorriso e a esperanza de Uxío traspasaron os muros do Vaticano creando un amencer de ledicia, un novo horizonte, unha raiola de luz, porque estas vibracións son propias de duas persoas que desenvolven con primor a dimensión profética da súa tarefa.

Sen dúbida, que o estudioso Francisco cando lle presentaron a Eugenio no seu castelán lembrou a orixe e significado bíblico desta palabra: “Ben nacido”, un nome ligado ao anuncio dunha nova etapa cimentada na paz, a xustiza, a xenerosidade. A empatía que Uxío provoca no común da xente xermola da súa intelixencia emotiva que nos agasalla coa súa fidelidade ás raíces, ao herdo que recibeu dos devanceiros, poren no seu momento foi recoñecido coma “Chairego de Honra”, en agradecemento ao seu compromiso, á súa poesía e música, á querencia ben demostrada pola identidade da Chaira.
Blanco Torrado, Alfonso
Blanco Torrado, Alfonso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES