Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Transición hebdomadaria

lunes, 27 de mayo de 2019
O título vai que nin pintado. Porque moitas veces éme moi complicado escribir este Recuncho pola transición que vai dunha semana a outra. A transición débese porque adoito escribilos, como máis tardar, os sábados pero non se len ata o luns. Nesta transición, neste intervalo hai unha nova (a máis importante de todas) que aínda non Transición hebdomadariaaconteceu, pero que, ó ler isto, xa está máis que solucionada.

Falo das eleccións, por suposto. Tamén houbo outra á que si lle conseguín ver o punto final polo detalle de que esperei a que rematase o acontecemento. Falo da final da Copa do Rei entre o Barcelona e o Valencia, que acadaron os valencianos por 1-2. Sobre o asunto das eleccións, recoñezo que me amola bastante o non poder comentar nada porque nada sei. E estas, principalmente as municipais, si que me interesan bastante porque penso que son as que máis me poden influír, repercutir; en Barbadás porque é onde vivo e en Baños de Molgas porque aí empezou todo, é todo e será sempre todo. Na transición hebdomadaria direi que oxalá ganen os meus e que oxalá ganaran os meus. E se non ganaron os meus, polo menos que non ganaran os outros. A bo entendedor...

Da nova que si tiven tempo para pensar e preparar algo dela foi a consecución do segundo premio máis importante que se concede no festival de cine de Cannes (e olliño, que estamos a falar do festival cinematográfico máis importante do mundo, é dicir, que os Oscars comparados coa Palma de Ouro son unha trapallada): o premio do xurado na sección Unha Certa Mirada, que foi para a película “O que arde”, do Oliver Laxe. Vale, un premio, un premio moi importante. Pero o gran detalle está en que a película é galega e presentouse en galego, por moito que lles pese a algúns. Impuxemos o galego en Francia! Que empecen os de Galicia Bilingüe a clamar ó ceo.

Por certo, estes que tanto defenden o castelán por que non claman contra a TVE e a Federación Española de Fútbol, que en plena Copa do Rei (un torneo netamente español) anunciaban que tal xogador recibira unha Yellow Card (tarxeta amarela) e que por dúas veces houbo Cooling Break (pausa para hidratarse ou beber). Se o puxeran en galego dirían que ata a TVE impuña esta lingua.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES