Carta aberta a Feijoo, Presidente da Xunta de Galicia
Timiraos, Ricardo - jueves, 23 de mayo de 2019
Alberte Feijoo:
O primeiro que che voudicir é que non che chamo señor, porque para iso un tén que selo e os teus feitos non me merecen tal consideración. E tutéote, porque, a mais de ser máis novo que mín, non mereces o cargo que ostentas.
O segundo é que nada do que acó vou escribir é un insulto, senón unha valoración da túa actividade política.
O terceiro é que ista carta obedece só a unha cuestión de dignidade,que é unha palabra moi usada, pero escasa en moitos casos de auténtica significación.
Ven todo este preámbulo a que con motivo das eleccións ós concellos, chegaches a Viveiro (Por certo ó motel As Sirenas ao que enchíchedes de subvencións) e soltaches unha perla que amosa a túa verdadeira calidade humana : SE VOTADES A ÓSCAR, O MEU CANDIDATO, VAMOS AMAÑAR A CARRETEIRA DE VIVEIRO A CABREIROS. (La Voz de Galicia 22-5-2019)
Iso é un chantaxe puro e duro, e non só, senón un delito de prevaricación, según recolle a RAG.
Sabía da vosa cativa catadura moral; sabía que actúas como un auténtico cacique e que eres o representante dunha saga similar que comenzou na democracia con Fraga; sabía e sei que durante moito tempo vos financiastedes irregularmente ( Recórdoche que Pablo Crespo da Gurtel estaba en Portos de Galicia- por certo, vaya choio regalando tarrreos públicos aos supermercados); sabía é sei que sodes os representantes na Galiza do partido da corrupcición; sabía e sei que eres un dos sucesores daqueles que, como amosa a serie Fariña, protexiades ós narcos (Terito, medalla de ouro e brillantes do A.P, a vosa nai política) sabía que andiveras como amigo con Marcial Dorado
Sabía e sei que tedes montada unha rede clientelar en toda Galicia e que controlades todo o que se move, xa sexa con delegados territoriais, xa con membros do voso partido aos que instalades nos estamentos públicos a tal fín; sabía e sei que baixo a vosa lupa está toda toda a prensa e amaordazades con subvencións; sabía e sei que utilizades ao voso favor as forzas de seguridade e xustiza sen que ninguén investigue nada de canto ocurre na nosa Terra; sabía e sei que manipulades a Historia e os nosos verdadeiros exemplos como Castelao; sabía é sei que mercades, desde sempre, concencias con favores; sabía e sei que dades as subvencións e axudas ós do voso partido; sabía e sei que usades todalas ferramentas posibles como Portos, Augas de Galicia o calquer outra para manter, manu militari, o poder
sabía e se ¡ tantas cousas que podría escribir un libro titulado Así se domina o P. P. Galicia. E sería certo.
Mais agora, para non alonga-lo escrito, quero dicirlle á xente do meu Pobo, e por ende a toda Galicia, e a isa España que tratas de engadar, que ti actúas deste xeito, e tés a desfachatez de dicilo nun mitin. ¿Quén, con un pouco dese senso do que fala o teu compañeiroRaxoi, pode confiar en ti?
Si quen esto suscribe tivera eco na futura corporación no Concello de Viveiro, diríalle que Feijoo leva facendo isto moito tempo, é dicir, negándolle aos concellos que non domina o pan e a sal; e que, dese xeito, acosa e trata de demoer ós Concellos que a voluntad popular elixeu libremente. Ise é o respeto que tén Feijoo os que non están baixo a súa bota.
A mín,ante ista texitura, paréceme que a mellor maneira de denunciar ante
a opinión pública ises abusos, poidera ser que os concellos afectados ( sei que hai moitos, Ribadeo, por exemplo) o deberan declarar, por maioría nas corporacións: FEIJOO, ENEMIGO PÚBLICO e poñer nos tribunais estas actuacións. E por suposto, botalo do seu posto de Presidente da Xunta o antes posible.
Feijoo, chegaches a un punto que cres que aínda estamos sometidos á vosa boina e o voso antoxo e non é verdade,somos seres ceibes i esiximos xustiza, mal que che pese.

Timiraos, Ricardo