Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O rapto de Europa

viernes, 24 de mayo de 2019
No mito grego, Zeus, rei dos deuses, incansable amador de ninfas, deusas e mortais. Desta volta, o deus de deuses, desde o alto do Olimpo pon os ollos nunha rapaza asiática, Europa, a fermosísima filla de Agénor, rei de Tiro, en Fenicia.

O rapto de Europa éche un tema clásico, recurrente para escultores e pintores. A historia remata cando o deus convertido en touro, escapa coa africana no lombo, que parirá en Creta a Minos, Sarpedón e Radamantis.

Decenas de miles de anos antes, grupos humanos da estirpe dos sapiens e neandertais tamén chegaron a Europa desde as quebradas do leste africano para encher de xeografía humana este pequeno continente. Aínda que daquela ninguén lles chamaba inmigrantes, nin como tales se consideraban.

Na época da globalización, móvense polo mundo, ignorando fronteiras, produtos estranxeiros que sentan con nós á mesa. Dos cartos, mellor non falar, son a materia escura que se move á velocidade da luz, e cun sixilo tal que semellan delincuentes.

Europa, a rapaza africana, Europa a asiática, só quere ser Europa, un ser humano nun continente vetado a tantos seres humanos. E iso que os demógrafos avisan de que estamos nunha Europa envellecida. En España, 2018 foi o ano con menos nacementos desde 1996, e o máis alto en defuncions desde 1976. Datos do INE sinalan que somos 46.659.302 habitantes. E que, con datos de 2017 chegaron 532.488 inmigrantes pero marcharon 367.878. A 'invasión', nun país moi envellecido, foi de 164.604 persoas.

Estes números non ocupan titulares nin primeiras planas reservadas para o neno negro dentro da maleta, para os derrotados nos valados como coitelos de Ceuta e Melilla. Ou para os que morren na auga escapando da apocalipse da guerra, do clima, da morte e da fame en Irak, Siria, Libia, países subsaharianos...

Os demagogos, os sementadores de odio, os nacionalismos conservadores do egoísmo, insolidariedade e xenofobia alertan contra o forasteiro, espertando o medo medieval ao outro. Produce calafríos que a mensaxe estea a calar na democracia máis vella do mundo, USA. Ou na Inglaterra do Brexit mentireiro. Ou que nos países escandinavos, bastión ata hai pouco dos dereitos democráticos e da mellor humanidade. As listas xenófobas medren imparables en cada convocatoria electoral. Bandas de neonazis, na luz turbia da noite, apalean inmigrantes acusados de parasitar o estado do benestar. Ninguén lles explica que eses inmigrantes co seu traballo subsidian e dan de comer a eses idiotas desocupados, rapados de pelo e neuronas.

Dicía Jorge Amado, novelista brasileiro, que a mellor mestura humana é a da carnalidade. Agora entendemos ben ao touro, a Zeus, tendo fillos cunha asiática chamada Europa.
Pinto Antón, J.A.
Pinto Antón, J.A.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES