Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As persoas rechazadas tamén teñen sentimentos

jueves, 23 de mayo de 2019
No noso interior temos unas fibras moi sensibles que sofren moito cando non somos aceptados, valorados e queridos.

Xeralmente somos moitas as persoas que temos a fortuna de sentirnos queridas, aceptadas e valoradas; pero tamén quedan moitas á marxe.

-QUEDAN MOITAS PERSOAS Á MARXE DENTRO DA PROPIA FAMILIA.

Andando pola vida téñome encontrado con persoas excluidas dentro do seo familiar por problemas de convicencia.

Cando a convivencia non vai ben; afloran as tensións:
-Fillos que non se entenden cos pais e non se falan.
-Pais que non se entenden cos fillos e non se falan.
Por eso hai moitas persoas que sofren dentro do seo familiar.

SEGURAMENTE OS QUE MÁIS SOFREN SON AS CRIATURIÑAS cando constatan que seus pais teñen conflictos entre eles e tamén teñen fillos predilectos.

Os pais e as nais tamén teñen as súas debilidades e non poden evitar querer máis a uns fillos que a outros…
Eso si: sempre dirán que os queren a todos igual; pero non…
¡Que culpa terán as criaturas!

Se existen este tipo de discriminacións dentro da propia familia…
¿Qué non pasará coas persoas marxinais na sociedade?

Unha persoa pode levar unha vida “a marxe” por diversas razón:

Unhas veces porque non lle sorriu a vida, desanimouse e caeu no foxo e non se sente con forzas para erguerse
Outras porque non soubo ou non quixo aproveita-las oportunidades que esta lle presentou: desaproveitamento escolar, abandono da formación moral e relixiosa… Todo incluido

-Outras porque se deixou arrastrar por malas compañías.
-Etc, etc

En calquera caso: ¡Unha desgraza!

DETRÁS DAS DESGRAZAS, SEMPRE HAI MOITO SUFRIMENTO.

Este sufrimento parece ser que é unha constante na humanidade:
En tódolos tempos houbo, persoas queridas e persoas despreciadas, persoas con estrela e persoas estreladas…
¿Por qué se dan estes casos?
Aínda que en teoría non debería haber tantas desigualdades entre as persoas; a realidade dinos que as hai.

E hai moitas máis desigualdade no medio urbano que no medio rural.

¿POR QUÉ SE DAN ESTAS DIFERENCIAS ENTRE O MEDIO RURAL E O URBANO?

-No medio rural hai moita máis comunicación e moita máis presión social: coñecémonos todos e non queremos que ninguén quede marxinado.

-No medio rural existe unha maior cohesión familiar.
E o mesmo pasa no vecindario.

-No medio rural consérvanse certos valores que nas grandes urbes quedan “difuminados”

-No medio rural estamos máis unidaos á nai natureza: todo garda as súas leis, todo ser vivo busca o seu alimento:
“O QUE NON TRABALLA, NON COME”

-No medio urbano hai moita abundancia de todo tipo de servizos; pero non tódolos servizos están ó alcance de todos.

-No medio urbano, vívese a un ritmo moi acelerado e o que “NON “ANDA LIXEIRO”, PERDE O TREN DA VIDA E QUÉDASE Á MARXE...

Tamén é ben certo que hai persoas inadaptadas que prefiren vivir na rúa a loitar por unha vida digna.
Son persoas enfermas.
E tamén hai vagos e maleantes, que prefiren vivir á costa dos outros.

Sexa polas razóns que sexan, hai moitas persoas que sofren moito porque a vida non as trata como lles gustaría.
Unhas porque tiveron mala sorte na vida, outras non a souberon buscar.

¿Cómo solucionar esto?
Eu non vexo a solución nada doada.

Non vexo que os gobernantes poidan poñer remedio a este sufrimento.

Certo que algúns gobernantes falan moito de melloras sociais, pero cada día hai máis desigualdade.

O remedio teno que buscar cada un á súa medida según os eus propios medios.

En primeiro lugar ser conscientes de que: “O QUE ALGO QUERE, ALGO LLE COSTA”

CADA PERSOA TEN QUE LOITAR POR AQUELO QUE DESEXA.

Ten que loitar desde que ten uso de razón. Pouquiño a pouco pode ir buscando o seu posto na sociedade.

Hai sitio para todos; pero non todos no mesmo sitio: cada persoa según as súas capacidades, os seus talentos, as súas preferencias as súas posibilidades, as súas circunstancias...

Cada persoa ten que buscarse a súa propia vida con traballo, tesón e honradez.

“TRABALLO, TESÓN E HONRADEZ”
Este será o título do seguinte artigo.

Moitas grazas a cantas persoas fan que poidamos sentirnos queridos, apreciados e valorados, evitando así moito sufrimento.
Moitas grazas a vostede por terme na súa consideración nesta ocasión.
¡Sexa feliz!
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES