A Conselleira de Vivenda brinda ó sol
Editorial - miércoles, 02 de enero de 2008
Os promotores lucenses da vivenda están preocupados pola caída de actividade sufrida en 2007, prevendo que o ano que comeza non vai ser moito mellor. Como graves problemas mencionan algunhas declaracións e a profusión lexislativa.
Sobre o das declaracións, o problema se o hai é pasaxeiro, que as palabras lévaas o vento e máis se son de políticos, que levan a caducidade impresa. O das normativas, xa é máis complexo.
A nova normativa sobre a vivenda, que vai dictar a Xunta de Galicia, non están mal, pero a ver como se consegue cumprila. Porque establécese en corenta metros cadrados a superficie mínima dos pisos, todas as habitacións exteriores, que os pasos interiores permitan a circulación dunha silla de rodas, e un amplo etcétera.
A Conselleira da Vivenda estima que o custo de todas estas novidades non repercutirá nos adquirentes senón que será absorbida polos contratistas, o que quere dicir ou ben que a Conselleira arquitecta por máis señas non sabe en que país vive nin con que sector traballa, ou entoa un canto ó sol cando o que se precisa agora mesmo en Galicia é que chova.
Neste momento en Galicia hai tantos miles de pisos en construcción como para cubrir as necesidades durante un tempo superior ó natural desempeño da Consellería pola titular aínda que recunque no cargo. Por outro lado os promotores, que nin son nin pretenden ser unha Ong, repercutirán no precio a percibir todas e cada unha das melloras a incorporar, como manda o deus da construcción, como deus manda.
Os promotores de Pontevedra xa teñen dito que é unha forma moi torpe de lexislar, denuncian inseguridade xurídica no sector, e protestan por non ter recibido información sobre a nova normativa.
A polémica está servida. A Conselleira, que atiza o lume seguro que con boa intención, que vaia pensando como calmala.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora