Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Diferenza Abismal

lunes, 20 de mayo de 2019
E agora que? No momento de escribir estas liñas aínda non rematou por completo a liga e xa teño mono de fútbol. O que significa que na publicación das mesmas, aínda o terei máis porque xa definitivamente a liga queda para o recordo, para as estatísticas e para a historia. E agora que? Porque para máis aquel, este verán non hai nin Eurocopa nin Mundial. Todo un verán sen fútbol! Eu mesmo recoñezo que a estas alturas estou saturado de fútbol, pero, ai deus, ata finais de agosto... uff. Si, aínda queda a final da Copa do Rei e a final de Liga de Campións. Esta, a moitos, poida que non lles interese porque non hai ningún equipo español. Pero, ai señores, é una final da Liga de Campións, que futbolisticamente falando, son palabras maiores.

Palabras maiores e alucinantes foi as que escoitei o sábado pola tarde pola radio do coche. Estaban retransmitindo e falando da final da Liga de Campións feminina entre o Olympique Lyonnais e o Barcelona, que ganaron as francesas por 4-1. E falaban da xogadora norueguesa Ada Hegerberg, actual ganadora do Balón de Ouro, comentando que non asistiría ó Mundial de Fútbol feminino por decisión propia. A súa selección semella que si vai. E tal decisión seica é para protestar pola desigualdade que hai entre o mundo futbolístico masculino e o feminino. Foi entón cando un dos cronistas dixo algo que me deixou alucinado: que por ganar unha Liga de Campións masculina, ó equipo vencedor (este ano o Liverpool ou o Tottenham) danlles 19 millóns de euros e, pola contra, ó Olympique Lyonnais acaban de recompensalo con tan só 250.000 euros. A ver, entendo que o fútbol feminino non xera os ingresos dun masculino; pero é que a diferenza é abismal. É que nin tan sequera alcanza o medio millón de euros! Como para dicir que, polo menos, algún millón. Pois nada, nin medio millón. Chapeâu para a rapaza esa, que, ollo ó dato, perderse un Mundial non é moco de pavo. Si, poida que algúns pensen que iso é unha pallasada (en referencia á protesta); pero moitos preguntaranse que por que non está nun Mundial toda unha Balón de Ouro? Que é o que está fallando? O que fallou, falla e fallará durante moito temo: o machismo en todos os ámbitos da nosa sociedade. E no deporte aínda máis. É triste, pero... aínda que nos custe admitilo: somos machistas
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania