Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Denuncia desde as nosas zonas rurais no día internacional do Internet

lunes, 20 de mayo de 2019
A telematización dos procedementos administrativos discrimina a cidadanía do rural en Galiza

2 de outubro de 2015, o Boletín Oficial do Estado (BOE) publicaba unha Lei de Procedemento Administrativo que obrigaba a telematizar o traballo das administracións e que entraría en vigor un ano despois, en outubro de 2016. É dicir, que dende hai 3 anos , as entidades asociativas e persoas xurídicas deben relacionarse obrigatoriamente coa Administración por vía telemática, proceso que tamén se está dando cada vez con máis forza coas persoas físicas.

Na Galiza, isto está a crear un serio problema que converte as persoas que viven no rural en cidadanía de segunda en comparación coa xente que vive nos grandes núcleos urbanos, xa que a posibilidade de relacionarse telematicamente coa Administración é moi desigual dependendo de onde residas. Nun país coma o noso, onde a cobertura de Internet e telefonía deixa moito que desexar nas zonas rurais, onde a poboación do campo está moi envellecida e moita non sabe usar nin posúe teléfonos móbiles ou ordenadores; telematizar os procedementos administrativos condena a unha parte moi importante da poboación a ter que contratar os servizos dunha xestoría privada para poder facelo.

Como crego rural denuncio que as relacións da Xunta de Galicia cos seus administrados e administradas sufriron un grave deterioro no último ano por todo o devandito no que supón un claro avance no proceso de desmantelamento xeneralizado de servizos públicos que estamos a sufrir. Desta maneira, miles de cidadáns e cidadás poden e están a perder servizos e dereitos por non poder acceder a eles por vía telemática na Galiza.

A Xunta ten a solución
Que invista realmente no rural -non a través de campañas publicitarias- en aspectos como a universalización das telecomunicaciónsen todo o territorio.

A maiores destas melloras, a Xunta está obrigada a garantir os dereitos daquelas persoas que, por idade, formación, lugar de residencia ou calquera outra causa, non pode realizar xestións administrativas por vía telemática. E para iso debe garantir que, máis alá da obrigatoriedade de telematizar todos os procedementos administrativos, esas persoas poidan facer calquera trámite directamente con persoal funcionario. No eido agrario téñeno doado: dotar de recursos materiais e humanos suficientes oficinas para que os labregos e labregas que o precisen, especialmente os de idade máis avanzada, poidan realizar alí calquera xestión ou trámite directamente sen ter que recorrer a unha xestoría privada, tal e como acontece de maneira xeneralizada hoxe en día.
Rodriguez Patiño, Luis Ángel
Rodriguez Patiño, Luis Ángel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES