Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O valor da educación

jueves, 16 de mayo de 2019
¿Cales son as diferencias entre unha persoa con boa educación e outra sen ela?
Moitas, moitísimas.

Unha persoa educada pode ir a calquera parte sabendo comportarse correctamente en cada momento, lugar e circunstancia de vida de cada día.

Non se trata de saber gardar o protocolo según en que estatus social; trátase da vida de cada día.

Unha persoa que sabe comportarse na vida de familia, co vecindario, no supermercado, no comercio, na rúa, co profesorado co personal sanitario, coa autoridade…

Pero as persoas non nacemos educadas; temos que ir aprendendo a normas básicas de educación ó longo de toda a vida.

¿Onde empeza a educación dunha persoa?
Pode que empece moito antes de nacer.
Pode que empece no momento que os seus hipotéticos pais empezan unha relación seria con intención de formar unha familia.
Ou pode que empece moito antes…

Con todo o momento crucial para empezar a educarse é no momento do nacemento.

Desde que nacemos temos que adaptarnos a unhas normas:
-Querer estar igual de contentos co papá que coa mamá ou con outro membro da familia.
Os nenos tamén teñen preferencias: sempre teñen alguén preferido co que están contentos e con outras persoas protestan chorando inxustificadamente.
Cando esto ocorre, é frecuente caer na tentación e darlle o gusto á criatura para que estea contenta.

Aí xa empezamos a equivocarnos:
Se a criatura está ben, tan querida vai ser estando coa mamá como estando con outro membro da familia.
Hai que facerllo comprender.

Tamén teñen preferencias na alimentación e son moitas as familias que as alimentan mal dándolles sempre o que lles gusta.

Non convén comer sempre o que nos gusta; cómpre comer de todo sempre e cando non haxa
unha alerxia a algún alimento.

Cando unha criatira se encontra con outras persoas do seu entorno familiar, ou do círculo de amistades; hai que ensinarlle a saudar.

É frecuente encontrarse con criaturas de familias coñecidas, ás que lles fas unha carantoña na presenza dos seus pais e non responden.

Non responden nin as criaturas nin os pais que as acompañan.
Incluso hai pais que intentan xustificalas.
¿Onde está a educación?

Afortunadamente tamén hai pais e nais que ante esa mesma situación dinlle á criatura:
”Saúda a esa persoa porque é amiga da familia”

Noutras ocasións cando lle fas un regalo a unha criatura, os pais dinlle:
“Dálle as grazas e dille que che gustou moito ese regalo que che fixo”

Esa é unha das maneiras de ensinar ás criaturas a ser agradecidas.
E as criaturas aprenden a comportarse.
¡E moito que aprenden!

Cando unha criatura empeza a escola xa leva moitos desvíos de conducta porque os proxenitores non souberon marcalle o camiño a seguir.

Hai persoas que van medrando con eses e outros moitos malos hábitos adquiridos, que se poderían evitar cunha boa educación desde a máis tenra infancia.

Certo que poucas persoas teñen a sorte de ser perfectamente educadas no seo familiar.
Sempre hai algún fallo…

A escola tamén dedica moito tempo a crear eses bos hábitos de convivencia; pero aínda así temos que seguir educándonos ó longo de toda a vida.

Estar abertos a cambios no xeito de comportarnos, pode axudarnos moito a adquirir un mellor nivel de educación.

Deixarnos correxir, aceptando as críticas positivas é outra boa maneira.
Non importa a idade nin a condición da persoa que nos corrixa.
As correccións deben recibirse como unha maneira de enriquecemento persoal.

NUNCA AGRADECEREMOS BASTANTE O CORRECTIVO DAS PERSOAS QUE MÁIS NOS QUEREN.

Canto máis educados sexamos, máis posibilidades temos de ser aceptados polas persoas que nos rodean.
Polo tanto a maior educación, maior felicidade.

Hai moitísimas persoas ben educadas.
Grazas a elas, a convivencia faise agradable.
Facer a vida agradable, sempre ten premio
O premio de ser unha persoa aceptada e querida.

TODOS PRECISAMOS SENTIRNOS QUERIDOS E ACEPTADOS.
Pero hai persoa que nin son aceptadas nin queridas.
¿Cómo se sentirán?

“AS PERSOAS RECHAZADAS TAMÉN TEÑEN SENTIMENTOS”
Este será o título do seguinte artigo.

Moitas grazas a todas as persoas ben educadas que encontramos no camiño da vida; entre elas a vostede.
E moitas grazas tamén por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES