Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Chantada 'O jerte galego'

miércoles, 15 de mayo de 2019
A cereixa, ademáis de gustosa e carnosa, e unha das froitas máis fermosas que existen. Esta fermosura non só é virtude do froito en sí, senón tamén da árbore, da cereixa en flor. Así no Xapón estas árbores son toda unha pincelada pictórica, orgullo dos seus campos.

Ademáis a cereixa, preludio do verán, non é un froito con moita historia, senón con prehistoria, pois a súa existencia, parece que se remonta á idade do Bronce. Parece seguro que como outras moitas cousas, proveñen de Oriente e as lendas, sempre tan máxicas, sinalan que foron as aves migratorias as que nas súas viaxes transportaron de alí as semillas silvestres, que caeron nos campos do que hoxe é Europa e deron froitos espontaneamente. As cereixas foron apreciadas na Antiga Roma e creese que foi o Xeneral Lúculo quen, tras unha vitoria frente a Mitriades, rei do Ponto, trouxo a cerdeira como botín. O máis seguro de todo é que as árbores foron seus máis fieis publicistas pois divulgaron a cerdeira por toda a área mediterránea e por suposto na nosa península.

Xa no século XVI as cereixas da ribeira chantadesa eran piropeadas polos transeúntes da coñecida por estas terras como ‘empedrada’ ou ‘codos de Belesar’, “...vereis también todo género de cerezas que ni el Jerte ni Persia las tiene mejores. Cerezas de un gusto y tamaño extraordinario, rojas, negras y de un color intermedio parecido al vino...”.

Esta fin de semana do 17 ao 19 celebrarase en Belesar, entre os concellos de O Saviñao e Chantada, co Pai Miño como testigo, a ‘XIV Feira do Viño e Cereixas’ coma homenaxe ós colleiteiros e adegueiros destas terras, cun amplo programa festeiro, certame de aturuxos entre ‘Papeiros’ e ‘Rabudos’, pregón a cargo do fundador da ‘Semana Verde’, José Maril Sánchez quen será nomeado ‘Cofrade Maior do bo viño de Belesar’ e moita festa regada polos bos caldos das adegas participantes. Soio fai falla que o tempo acompañe. Estades todos invitados.
Rodríguez Porto, Ramón
Rodríguez Porto, Ramón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES