Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os anxos fan as ás cos libros (Co gallo das Letra Galegas 2019)

miércoles, 15 de mayo de 2019
Deus é moi listo. E por iso -conta meu avó- que, despois de crea-la Terra, decatouse que aqueles bichiños, ós que chamamos persoas, necesitarían un lugar onde vivir eternamente despois de mortos.

Entón, colleu o seu espello da beleza e decatouse que Galicia era o mellor Paraíso. E desde entón tódalas criaturas traballan arreo para gañarse a entrada no ceo.

Como ben sabedes, Deus non vive só. Tén moitos axudantes para facer o que precisa, pero para as encomendas usa sempre ós anxos. Fixádevos: Mandou un para avisar á Virxen María, outro para anunciar ós pastores que nacía Xesús, outro para consolar o seu fillo no horto dos Olivos…

Os anxos sempre teñen traballo. Unha veces deitanse canda ti, outras tocan a música que lles peta, otras acougan a un velliño, outras límpanche as bágoas… en fin que teñen traballo arreo.

Ata enseñan ós paxariños a voar. Naide nace aprendido. Non creades que os paxaros voan sós sen nadie que mire deles. Cando saen do niño, un anxo vai levándoos da man para que non caian no chan e exprícanlles como hai que mover as ás. Son como as cometas que tiran do fío.

Pero vosoutros credes que os anxos naceron no ceo ¿Verdade?

Pois non, iso é un erro. Os anxos naceron na Terra, tan na Terra que eu coñozo a un que naceu na Estrada, non nunha carreteira, senón nunha vila que se chama así.

Os anxos, ainda que non o creades, son persoas que, cando lles chega o tempo de marchar, trócanse en paxaros e voan sen que ninguén os vexa. Son coma os Reis Magos. Viaxan no carrusel da noite e visitan o Alén, ise lugar onde os días son de colorís, as flores sorrín e o mar namora as sereas. Alí canta o vento: “miña nai, miña naiciña” e a palabra guerra carece de significado. Ise é o Alén.

Vosoutros estaredes pensando, porque tontos non sodes ¿de dónde sacan ises anxos as ás para voar?

Vóuvolo dicir: as ás dos anxos están feitas a maioría das veces con follas de libros. As follas dos libros levan un engrudo, é dicir un pegamento, que lles da moita forza as ás e non se soltan para caer no chan. Non, non caen, como lle pasou a Icaro, que ía chegar ó Sol sen decatarse que as súas ás estaban feitas con cera e por iso derritironse; pero ás dos anxos, son moito máis potentes e non son soberbias nin compiten coas do compañeiro.

Pois ben, como vos dicía, as boas persoas, sobre todo os avós, trocados en paxaros voan e voan sen límite algún. E entón é cando Deus lles pregunta que lles gostaría ser alomenos unha tempada.

Entón hai anxos, e dicir, avós, que queren ser estrelas para falar cada noite cos seus netos.

Outros queren convertirse en flores e pasan temporadas nas casas da familia e danlles bicos co seu aroma. Hai outros que queren visitar a Lúa para saber por qué os poetas se namoran dela.

Algúns gostan de botar carreiras no espacio. Algunha vez veriades algún que se despista. ¿Non sí? Ti tamén te despistas ás veces. Outros anxos adícanse ó cuidado dos nenos e bótanlles unha mán para que non teñan accidentes. Algúns volven a nacer, sen dicir nada a naide, nin siquiera ós da casa, e volven a ser persoas, que sempre están ledas, rin, cantan, din sempre a verdade, son sinxelas, homildes, garimosas e nunca se queixan de ningún dolor. Estou seguro que algun coñoceredes tamén.

Os anxos, naide o sabe tampouco, falan tódolos idiomas, pero Deus, cando os levou canda si, deulles a elexir en qué idioma falar e todos se decataron que, para falar do amor, o mellor idioma é o galego.

Pois ben, agora que xa sabedes que Galicia é, non un remedo do Paraíso, senón o lugar, o noso lar, no que se fixou Deus para facelo; que ós anxos as ás nacenlle cós libros e que os avós convirtense en paxariños, estrelas, flores ou o que lles peta; agora que xa sabedes voar sós e acabades de aprender algo, só vos digo que val a pena ser sempre anxo.

Como dí o meu amigo Mero: apertas de buxo.
Timiraos, Ricardo
Timiraos, Ricardo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES