Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Canon por gravación, roubo legal

lunes, 31 de diciembre de 2007
Que todos os creadores teñen dereito a percibir unha cantidade polo disfrute do seu traballo creador, está perfectamente claro e asumido pola práctica totalidade dos habitantes deste país.

E así, os autores de cancións perciben a correspondente porcentaxe pola edición dos seus discos, os escritores pola publicación dos seus libros, os músicos pola interpretación da súa música. O problema plantéase cando alguén fotocopia un libro, baixa unha canción de internet, piratea unha película ou de calqueira maneira utiliza algo que non é seu, moitas veces con intencións de lucro.

Ahí entran os políticos: en determinar mecanismos xustos e válidos para que quen queira utilizar o traballo de outros pase pola taquilla que corresponda, aboando os dereitos que sean de xustiza.

E sen embargo, políticos pedestres dedicados a cuestións que lles quedan demasiado altas, determinan que os soportes que sexan susceptibles de recibir a gravación de obras artísticas paguen en orixe por se en algún momento se utilizan con este fin.

Decisión tal parece o resultado dunha noite de troula dedicada ó consumo de sustancias tóxicas que impiden ver claramente a realidade ó día seguinte.

Poñer un canon fixo por se en algún momento as vellas cintas de video ou audio, os CD e DVD, teléfonos móbiles, e similares artiluxios os dedicamos a obter material roubado, é legalizar o roubo xa que se por ese motivo pagamos quedamos perdoados de antemán, á vez que é declararnos delincuentes pero con patente para delinquir.

Con similares argumentos, os automóbiles deberían pagar un canon ás Compañías de seguros polos mortos que na estrada poden causar, as escopetas de caza outro similar polos accidentes que ese deporte causa cada ano, e xa non digamos os mistos ou acendedores polos lumes incontrolados que por eses mundos se producen cada verán.

A efectos de defensa dos dereitos estamos en mans duns incontroladose inconpetentes. Agardemos que no resto dos temas se tomen o seu traballo máis en serio.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES