Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Á beira do Camiño: A Familia

sábado, 29 de diciembre de 2007
Hoxe, a Igrexa celebra festa da Sagrada Familia. Os neo/catecumenais de Kiko Argüello, apoiados por outros grupos e pola propia Conferencia Episcopal, organizaron unha xuntanza en Madrid na defensa do modelo cristiá da familia. ¡Con todo dereito, nun país democrático!

Esperamos non se lle engadan cheiros políticos. Non fan falla para defender a familia. A familia (sen apelidos) atravesa unha forte crise. As estatísticas fan tremer ante tantos fogares desfeitos polas separacións, divorcios, violencias domésticas...Escasean os valores esenciais nesta sociedade (civilizada!?) na que debería reinar a convivencia pacífica e fraternal.

Xesús naceu fóra da casa, sen teito, pero nunha familia con valores: a humildade, o respecto á persoa, ás tradicións; chea de piedade filial e paternal, de comprensión, de paciencia, diálogo, agradecemento... ¡Chea de amor! Valores necesarios en todas as culturas.

A familia é fonte de vida que transforma as comunidades. Vida e amor van unidos. O amor fai fecunda a vida. É a primeira escola da vida, o espazo onde se ensina/aprende a amar amando. É obriga nosa tentar de recuperar a primeira célula da sociedade.
Xoán Paulo II (aos xefes de Estado) díxolles: ”As autoridades civís teñen o deber de favorecer o desenvolvemento harmónico da familia, non só desde o punto de vista da súa vitalidade social senón tamén desde a súa saúde moral e espiritual” ¡Cómpre facerlle caso e pórse a andar!

¡Xeitoso aninovo 2008 para todas e para todos, co desexo de que, tamén entre todos, sexamos quen de mellorar a situación da familia tan inxusta e cinicamente manipulada e degradada!
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES