Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

'O Petit Swing'

martes, 14 de mayo de 2019
Din ca música é o idioma universal no que todo mundo se entende e eu créoo. Hai quen rexeita certas estilos porque din non entendelos pero o que pasa é que prefiren o fácil, a música que entra á primeira. Non é cuestión de entendemento, é un tema de sensibilidade e de aplicar un pouco de esforzo pola nosa parte. Hai músicas para todos os gustos e ocasións, pero si tivésemos que elixir unha música libremente expresiva esta 'O Petit Swing'sería o jazz, así que nada mellor que celebrar o día da Liberdade de Prensa con ela e neste caso coa denominada dixieland, un estilo coñecido por jazz-hot co que nos deleitou o outro día no teatro Jofre o grupo “O Petit Swing”, un cuarteto composto por dous músicos de Ferrol, Juan Cabezón (Cabe) ao banjo (instrumento que desde 1880 entra a formar parte da música dixieland), Fausto Escrigas ao clarinete, e dous coruñeses, Victor Sánchez co saxofón e Juan Tinaquero ao baixo que puxeron colofón ritmico ao acto da enterga do “XV Premio José Couso de Liberdade de Prensa”. Foi un fin de festa encadrado perfectamente no contexto deste evento. O dixieland é unha música de negros pola que se interesaron os brancos, así que na mestura entre aqueles e estes está a súa orixe. Liberdade de expresión en estado puro, emoción á esgalla foi a que transmitiu “O Petit Swing” a outra noite no teatro Jofre con esta música dos anos vinte perfectamente encadrada nos tempos que corren, música na que predominan os metais, clarinete, trompeta e trombón pero que pouco a pouco foi incluíndo outros instrumentos en función das necesidades pois frecuentemente tocábase na rúa e moitas veces desfilábase con ela: o baixo foi substituído pola tuba e por exemplo a batería pola caixa e platillos, pero “O Petit Swing” con clarinete, saxofón, baixo e banjo bordárono tomando cada instrumento un papel protagonista cando decidían improvisacións, individualizando fraseos dentro dunha absoluta liberdade expresiva. Música sen fronteiras pois o banjo, por exemplo, de Béla Fleck e o de Cabe falan no mesmo idioma.

Foi unha noite emocionante no amplo sentido da palabra e un verdadeiro pracer comprobar o alto nivel que amosan algúns músicos de aquí aos que moitas veces lles faltan oportunidades e circuítos axeitados para expor o seu traballo. ¡Bravo polo “ O Petit Swing”! e bravo por esa música que é mostra desa liberdade expresiva pola que os músicos trascorren e perfectamente encadrada nun acto no que se puxo en valor a liberdade de prensa.
Rubia, Xoan
Rubia, Xoan


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES