Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pecaron de inocentes

lunes, 13 de mayo de 2019
Xa sei que é repetirme o de falar unha semana máis da Liga de Campións, pero... doeume tanto o do Ajax! Moito máis que a eliminación do Barcelona, e por moito que quixese que pasase este á final. Sufrín horrores vendo o Ajax-Tottenham. Os holandeses Pecaron de inocentespecaron de inocentes. Normal, eran e son rapaces. Xa llo dixera ó meu fillo antes de iniciarse o partido: como lles marquen un gol, non aguantarán a presión.

A partir do minuto 58, cando o Tottenham marcou o segundo gol, os pobres rapaces non souberon cortar o ritmo do partido, a avalancha que se lles botaba enriba. A esa alturas xa podían optar por cambras nas pernas, ou simular algunha outra lesión, algún golpe, aínda que fose mentira. Simplemente para cortar o ritmo! Nada; eles a tirar para adiante. Collían o balón na súa área e lanzábanse coma feras, coma frechas cara á portería rival; iso aínda que só atacasen dous ou tres. Buscaban o gol e esquecíanse da pausa, da calidade tocando o balón, que a tiñan, e moita. Non eran capaces de devolverlle a pelota ó seu porteiro. Incluso na derradeira xugada, cando aínda o balón estaba preto da área dos inglés, non foron capaces de provocar unha falta.

Que máis daba a aquelas alturas que a algún dos xogadores lle ensinasen unha cartuliña amarela! Pecaron de inocentes, de inxenuos, de falta de experiencia. Certo que estes golpes encalecen ou curten a un... Pero é que sería tan ilusionante verlle xogar unha final da Liga de Campións a un equipo de gardería... Si, é verdade que o equipo inglés fixo un gran segundo tempo, pero foi grazas á inocencia pura e... infantil do equipo contrario.

Empezaba este Recuncho Hebdomadario a semana pasada dicindo que por fin remataba toda a chafallada das eleccións e empezaba a Liga de Campións. E este Recuncho é ó revés: que o remato despedindo a Liga de Campións e que... volven as eleccións! Outras eleccións, pero coa mesma rutina, coas mesmas trapalladas das anteriores: páxinas e páxinas nos xornais, mitins, declaracións e, iso si, mentiras, moitas mentiras. Ou moitas promesas que, ó final, non se cumprirán. Polo que serán... mentiras.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES