Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Mellor non saber

viernes, 28 de diciembre de 2007
Martín Villa veu a Lugo como Ministro nos primeiros tempos da democracia, e eu recollín unhas declaracións súas para TVE en Galicia, substituíndo ó recordado Tuñas Bouzón.

O Ministro accedeu a falar sempre que as súas declaracións só se difundiran en Galicia, prometéndolle eu facer a xestión, pero recalcando el: “No lo gestione; ¡que no salgan mis declaraciones fuera de Galicia!”. Non saíron. Vese que palabras que estaban ben para nós, poderían ser políticamente incorrectas fóra das nosas fronteiras.

Estes días enterámonos de que o Ave chega de Madrid a Valladolid nunha hora, e de Madrid a Málaga en dúas e media. E mesmo unha campaña de publicidade que promove o “Gobierno de España” proclama con énfase triunfalista a victoria do Ave sobre o aillamento e a distancia.

Novas e campaña publicitaria sobre o Ave mancan as nosas sensibilidades porque veñen poñer en evidencia as nosas carencias e a súa perdurabilidade.

Quizais deberan restrinxir estas mensaxes ós informativos “rexionais” e evitarnos a provocación que comportan. Sempre será mellor manternos na ignorancia destes avances que facernos sufrir pola diferencia que experimentamos en relación con outras zonas pertencentes ó mesmo estado ó que nós coidamos pertencer.

Xa que non teremos Ave en moito tempo, evítennos a posibilidade de comparar. Respecto ós medios oficiais, non creo que lles coste moito máis traballo que a Martín Villa.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES