Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Oración ó Cristo da Piedade: In memoriam por Suso Gabeiras

lunes, 13 de mayo de 2019
Cristo Señor que descansas eternamente nos brazos de túa Mai, tal como te nos amosaches no Cristo da Piedade, e dese xeito nos dixeches cal era o camiño para acadar o teu Reino, achégome agora ao teu corazón, non por ser eu merecente de premio, senón para que fagas xustiza con aquel rapaz que con tanta paixón traballou arreo e con sinceridade, mediante a evánxelica labor de traballar pola Semana Santa do seu Pobo, Viveiro, na procura de que a túa lección de amor á humanidade fose evanxélica.

Trátase de Suso Gabeiras, aquel mozo que no ano setenta e catro e seguintes brindou o seu corpo e a alma a esta Cofradía da Piedade e traballou arreo, metendo o lombo debaixo da túa imaxe ou en calquera outra necesidade, cheo de ilusión, fraternal compañerismo e sen protagonismo algún. Exemplo certo de excelente compañeiro, altruista sen límites e persoa de comportamento e vida exemplar. Non esquezas tampouco, Señor, o labor de seu pai, Xan da Mora, tantos anos Irmán Maior do Cofradía, e quen en difinitiva, a encarrilou.Tú ben sabes cómo eran aqueles tempos e as dificultades dos traballos e que sairon adiante grazas a xentes coma Suso e Xan.

Suso era unha alma boa e xenerosa, no senso tan galego distas palabras, como amosou tamén creando o equipo de baloncesto de Viveiro.

Hoxe os corazóns de Mari Carmen, os fillos, súa mai Lucita, o teu cura Juancho, Mari Carmen irmá… sinten a dor das dagas da Virxen dos Dolores, a espiñas da túa coroa, nunha proba máis da verdade do camiño do Calvario, con isa inmensa dor, isa sede de amor que Ti, nunha proba máis do teu amor has de saciar polo sincero dolor con que cho pedimos.

¡Adeus, benquerido Suso!.
Timiraos, Ricardo
Timiraos, Ricardo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES