Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Comparación entre o galego e o vasco en relación a unha celebración

viernes, 10 de mayo de 2019
Ribadeo, 7 de maio. Preparando o día das letras galegas, atopamos a unha rapazada marchando pola lingua galega. É o Correlingua, que este ano, na zona de A Mariña, celébrase na vila de Ribadeo. O seu obxecto, a dignificación da cultura galega. A súa organización está baseada nunha distribución zonal, na que intervén a Mesa pola Normalización Lingüística en contacto cos departamentos de Lingua Galega dos centros escolares de cada zona. É un conxunto de actividades festivas que, na práctica, implican só á xente nova, en formación. Ten a marcha, un recorrido, como base ata chegar ó punto final, no que soe haber ao menos música e unhas palabras de exaltación en prol do uso e viveza da lingua.

No nacemento do Correlingua está a Korrika vasca. Esta 'carreira', a vasca, tiven ocasión de vela e participar nela este ano. Está organizada por unha asociación de centros de ensino en eúscaro, e na actualidade recorren Euscadi zigzagueando pola súa xeografía noite e día, en relevos de 1 km, a bó paso e cunha distribución temporal ben organizada, necesaria nunha carreira de máis de dez días de duración temporal e 3000 Comparación entre o galego e o vasco en relación a unha celebraciónkm de recorrido.

Refírome á Korrika porque quedei cunha certa envexa ó aprezar as diferenzas. En primeiro lugar, na Korrika o quilómetro 'cómprase'. É dicir, as persoas ou organizacións que participan facendo o seu quilómetro, pagan por facelo. A cambio, ese día receben soporte (é unha auténtica caravana o que hai antes e despois de quen está a correr) ou sinxelos chalecos a modo de uniforme en cumprimento das reglas de tráfico con alusións ó que se está a facer. Chalecos que tamén se reparten á beira da estrada a quen se quera unir no momento. Os cartos recadados dan para organizar a Korrika, mais tamén para apoiar o ensino do eúscaro nos centros para maiores. En segundo lugar, a dispersión por Euscadi queda facilitada polo sistema, que tamén permite que se una xente maior e xente miúda cun mesmo esprito. A máis, o recorrido non se cingue só a España, senón que atravesa a fronteira. De feito, a foto adxunta está tomada nun tramo no país vasco francés, no km 749 de Korrika, axustando no cartel ademáis, o fin/comezo de tramo, quen participa (máis ben, quen comprou ese tramo, porque a participación pode incrementarse de xeito substancial), a hora prevista e o día. O evento, bienal, é festivo, pero estimo que sobre todo emotivo e social. A xente á beira da estrada comprobei que pode ou non falar en eusquera (na zona onde estiven comprobei que a lingua vehicular era o francés), pero síntese enganchada no que está a presenciar, de xeito que os máis pequenos únense de forma natural á celebración, cohesionando arredor das emocións unha entidade social no corazón de cada persoa. E se os máis pequenos non poden seguir a marcha, quedan enganchados, emprazados internamente para tentalo na próxima edición. Edición que tamén será en prol do eusquera.
Gregorio Montes, Antonio
Gregorio Montes, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES