Cara a onde imos?
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 09 de mayo de 2019
Hoxe en día quen máis e quen menos, todos nos sorprendemos por moitas cousas das que vemos.
-Sorprendémonos cando alguén vai a Lúa ou a Marte.
-Sorprendémonos ante os avances da informática.
-Sorprendémonos da rapidez das compras por internet.
-Sorprendémonos que haxa coches que poidan circular sin conductor/a.
-Sorprendémonos
Eso pasa porque afortunadamente hai persoas que estudian moito e son capaces de facer grandes descubrimentos.
Pero tamén nos sorprenden moitas cousas moi desagradables, cousas que repuganan á conciencia.
COUSAS QUE PRODUCEN ESCALOFRÍOS.
¿Cómo é posible que a xente se atreva a acabar coa vida da persoa coa que convive?
¿Non era esa a persoa coa que libremente decidiu convivir?
¿Por que algúns casos acaban antes coa vidada parella e despois suicídanse?
¿Por qué non invirten os términos e gañaríamos unha vida?
¿Por qué tantas criaturas se quedan orfas sen ter culpa ningunha?
¿Por qué hai escolares que lles fan a vida imposible a outros?
¿Por qué maltratamos ó personal sanitario?
¿E ó do Ensino?
¿E á autoridade?
¿Por qué tratamos mellor a unha mascota que a unha persoa?
Hoxe en día os psicólogos e os psiquiatras deben ter moitos quebradeiros de cabeza.
NON SEI POR QUE ME PARECE QUE MOITAS VECES ESTAMOS EQUIVOCADOS.
-Equivocámonos cando imos á escola a amargar ós compañeiros en vez de ir a adquirir coñecementos para abrirnos camiño na vida.
-Equivocámonos cando optamos por ir convivir cunha persoa para ter compañía ou por satisfacer as nosas necesidades sexuais.
-Equivocámonos cando acabamos coa vida da persoa que nos amarga a vida; porque temén acabamos coa nosa propia.
-Equivocámonos cando non respectamos ó profesorado que está entregando a súa vida para preparar a nosa.
-Equivocámonos cando maltratamos ás persoas que velan pola nosa saúde, cando son elas as que nos devolven a vida en moitas ocasións.
-Equivocámonos cando deixamos criaturas orfas porque a vida non nos deu o que pretendíamos.
-Equivocámomnos cando non acatamos a lei, porque a lei está para cumprila.
-Equivocámonos cando permitirmos que a infancia e a xuventude leve unha vida desordenada alegando que o fan todos.
-Equivocámonos cando non respectamos os dereitos dos outros, porque estámonos privando dos nosos propios dereitos.
-Equivocámonos moito máis aínda cando nos saltamos a LEI DE DEUS.
-EQUIVOCÁMONOS CANDO IDOLATRAMOS O NOSO EGO
O noso EGO é moi esixente.
A veces pídenos máis do que lle debemos dar.
Se non lle dámos o que nos pide, sentímnos frustrados.
O NOSO EGO É MOI EGOÍSTA
O noso ego crea egoísmo.
O egoísmo é un mal maior.
Do egoísmo derivan moitos males.
Males para nós mesmos e males para os que nos rodean.
As persoas egoístas queren todo para elas porque se senten febles, non teñen valor ou non poñen os medios necesarios para triunfar na vida e senten envexa polo ben alleo.
Un gran erro.
Cada persoa ten que desenrolar a súa vida de acordo cos seus talentos e as súas circunstancias persoais sen compararse con ninguén.
Cando unha persoa fai todo o mellor que pode e sabe; xa se sente satisfeita consigo mesma.
Cando unha persoa está feliz consigo mesma, sente agradecemento por tódolos logros acadados.
Esa alegría interior espándea por onde queira que vaia e ademais de ser feliz, tamén irradia felicidade.
Todos coñecemos persoas destas características.
Son unha bendición para elas a máis para a humanidade.
Esas persoas son así porque son fieis á súa conciencia e porque manteñen á raia o seu ego.
Foron educadas nun ambiente decariño pero con orde e disciplina.
Saben superar a frustación.
A educación ten moito que ver na nosa maneira de ser.
O VALOR DA EDUCACIÓN
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas a todas a s persoas que camiñan pola vida e que fan que o mundo progrese.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora