Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

jueves, 09 de mayo de 2019
Foron coma un consolo

Aínda que as ganas non eran moitas (porque practicamente botara todo o día picando na leña), achegueime de todas as maneiras á Casa da Cultura da Valenzá para Pingas de Orballover a obra da produtora teatral De Ste Xeito “Loló e Mamá”, interpretada pola carballiñesa Josi Lage e a madrileña Stephy Llaryora. E elas as dúas, ó instante, foron coma un bálsamo, coma unha pomada, coma un relax, coma un consolo para o meu cansazo, para a miña dor de costas e brazos. Porque a nai (Josi Lage) e a filla (Stephy Llaryora), a filla (Loló) e a nai (Margot), en momentos emocionáronme, en momentos fixéronme rir e en momentos fixéronme pensar moito máis alá dos meus propios pensamentos e sentimentos. Obra de relacións, de reproches, de xogos, de recordos, de xenreiras; pero tamén de amor, de moito amor. A ver, quen non lle quere a unha nai! Que nai non lle quere a unha filla! Se todo amor de nai vai nun simple ovo fritido. Se todo amor de filla está na simple presenza da nai. Unha nai que quere cambiar o mundo e unha nena que quere ir a Madagascar. Dous seres do mesmo sangue que sofren e se aman. Claro que, xa se sabe, o amor é unha arma de dous fíos, pois canto máis se ama, máis se sofre. Ó final, o cansazo deixoulle sitio ós sentimentos por dúas actrices que só coa súa presenza encheron a miña vida. Graciñas.

Por un bico do peito

Xa era hora de que alguén vixiase pola moral do paisano de a pé. O feisbuq castigoume hoxe, e creo que durante 24 horas, porque “esta publicación infrinxe as nosas Normas comunitarias”. A miña ousadía foi o querer compartir o álbum de jazz de Gil Evans Orchestra Plays Jimi Hendrix. Resulta que ó darlle, no youtube, a compartir, asomou a portada na que se amosan, entre outros personaxes (entre eles, Jimi Hendrix) os peitos de dúas mulleres. A unha apréciaselle ben o bico do peito esquerdo e á outra intúese o dereito. Imaxino que me castigarían por iso. Pola pornografía. Pola pornografía nun álbum de música, que é unha arte, e para máis aquel de jazz. Pola pornografía dunha fotografía, que é outra arte. E pola pornografía nunha pintura (a portada non sei se está pintada ou fotografada), que é aínda máis arte. O marabilloso feisbuq vixiando a nosa moralidade. Non vaia ser o demo... Non vaia ser o demo que un bico do peito, unha mamila tan só nos empalme ós saídos que pululamos polas redes sociais. É mellor ver a nenos africanos mortos de fame ou a touros ensanguentados e exhalando o derradeiro suspiro nas prazas de España, ou deixando colgar vídeos de malleiras a persoas ou de acosos ós nenos ou de maltrato ós vellos. Por esa pornografía cumprirei a sentenza.

Teño a conciencia tranquila

Teño a conciencia que se me quere lanzar contra un penedo. Non a deixo, claro; que se me esnafra. E eu mesmo recoñezo que a teño limpa, clara e dando esplendor. Teño a Pingas de Orballoconciencia moi tranquila. Viaxa polas agullas do tempo e todos os segundos son inmaculados, impolutos. Baila sobre os nichos dos espíritos malignos e ó momento achéganse polas noites todos os gatos que son pardos. Deita na almofada do meu soño e vexo como se esconde no intelecto dun merlo ou no son dun asubío. Logo de frear o desexo da conciencia, sentamos os dous ante o penedo e falamos dos pros e contras daquelas bondades que se volveron perversas e daquelas maldades que xiraron cara á benevolencia. Admito que estamos os dous un chisco filosóficos. Quizais influídos pola miña actitude ante o seu anhelo ou por notar que ela, a conciencia, estivo nun tris de malgastar a existencia. Hai conciencias que teñen conciencia, e a miña quixo rematar no recanto dun penedo calquera. Non a deixei, claro. E sentinme coma heroe que vixío por min mesmo. A ver!, se non miro eu por min... quen o vai facer? O meu raciocinio é capital para que a miña conciencia brille limpa, clara e dando tal resplandor que o Plus Ultra dos tempos lide co infinito e máis alá. Teño a conciencia tranquila. E limpa.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES