Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Presentación de Lendas e Versos, de Emilia Mtnez. Fuentes

jueves, 09 de mayo de 2019
Presentacin de Lendas e Versos, de Emilia Mtnez. Fuentes Lendas e versos é o poemario de Emilia Martínez Fuentes (NPG Nova Poesia Guitirica), que será presentado o 31 de maio no Centro Cultural e Recreativo de Vilalba ás 20:30 do serán.

Neste acto, ademáis da autora, Emilia Martínez Fuentes, participarán compañeir@s poetas da NPG, entre outr@s Antón de Guizán, Branca Villar, María Pereira, Moncho Bouzas, Xelo Teijido e Clara Blanco. Contará tamén coa participación das poetas vilalbesas Pilar Maseda (NPG) e Luz Airado, a poeta labrega de Taboada Ana Vila Portomeñe, a gañadora do Certame Vilariñas 2018 Beatriz Dourado, Ana Mar Fraga e o poeta da Irmandade poética luso-galaica Jose Carlos Ulloa.

O grupo poético-musical vilalbés CORREDORES DE SOMBRA tamén actuará na presentación.

O libro, de Aliar Ediciones, é a primeira obra publicada por Emilia, natural de Monfero e afincada desde hai máis de 25 anos en Vilalba.

Os debuxos e ilustracións son da súa filla Isabel Pardo (NPG), e mistura prosa con lendas recollidas e escoitadas de seu pai con poemas de creación propia nunha publicació orixinal e de grande calidade.

Este acto, forma parte fo programa de novidades #Do Trinque promovido pola NPG Nova Poesia Guitírica e Os Vilares lareira de soños, que ten realizado este mes tamén, a estrea de Corresdores de Sombra, o pasado día 4 en Biblos Clube de Lectores de Betanzos.

A presentación debLendas e Versos, dous libros nun, un de lendas e o poemario intimista Berce de Versos, e unha sensacional maneira de despedir o mes das letras na Terra Chá. Unha nova publicación, poesía e música convivirán o 31 de maio no Centro Cultural e Recreativo de Vilalba ás oito e media do serán. Agardámosvos!!!
NPG Nova Poesía Guitírica
NPG Nova Poesía Guitírica


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES