Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

E será máis do mesmo?

miércoles, 08 de mayo de 2019
A medio recuperar, ou xa recuperados, dunhas eleccións estamos noutras nas que vemos aos políticos máis de cerca. Nas pasadas, os partidos fixeron referencia á accesibilidade e, sen embargo, os seus programas non eran cómodos para todos. Só E será máis do mesmo?algúns publicaron unha versión en lectura fácil. Apostaron pola atención á dependencia e tamén se comprometeron a cumprir a Convención Internacional sobre os dereitos das persoas con diversidade funcional adoptando diferentes medidas para facer posible a accesibilidade e o deseño universal. Utilizáronse moito verbos como defender, loitar, garantir, protexer… os dereitos das persoas con capacidades diferentes. Cando menos, sobre o papel, quedaron ben.

Agora estamos coas “nosas” nas que xa é un clásico a reunión cos “alcaldables”. Un ano máis tiven a oportunidade de escoitalos. Persoalmente quero agradecerlles a súa presencia, pero unha xa está desexando que non sexa necesaria esa xuntanza. Son demasiadas eleccións dando voltas aos mesmos temas e acabamos por saber o argumento de memoria. Deixo caer que quizais reunións deste tipo serían máis interesantes e máis realistas na metade do mandato.

Cito algunhas ideas que se escoitaron: cidade accesible, humanizada, inclusiva…, tolerancia cero, itinerarios e parques accesibles, comisións de traballo, plans de accesibilidade, cota cero, transporte público, programas de voluntariado, etc. e o concepto de “transversal” moi común a todos. Ideas que están moi ben, pero quédanse no xenérico. Considero que a etapa dos argumentos tan teóricos xa debía estar superada. Só temos unha vida e necesitamos propostas máis próximas ao noso día a día. Botei en falta un balance concreto de cada partido entoando o “mea culpa”. De maneira resumida algo así como “fai catro anos prometín iso, fixen isto e non puiden facer aquilo”. A partir de aí sería máis fácil e máis lóxico o diálogo porque existiría continuidade. Tamén botei en falta plans concretos de actuación como fan noutros Concellos nos que, fóra de campaña electoral, aproban accións con orzamento incluído claro está, para incentivar a accesibilidade no pequeno comercio por poñer un exemplo. Moitas veces é arranxar unha simple rampla que facilite o acceso. Está moi ben que apostemos por proxectos novos como ascensores, pasarelas…, pero sen descartar obras máis sinxelas e a corto prazo que normalizarían a cidade sen necesidade de ir sorteando aquí si, aquí non, aquí si, aquí non.

Empezaba preguntándome se sería “máis do mesmo”. Prefiro quedarme coa dúbida aínda que me inclinaría por aseguralo. Esta vez debería ser distinto xa que sabemos mellor do que estamos tratando. Lembremos a campaña “8 meses, 8 problemas” na que as explicacións acompañáronse tamén da práctica. Cando se segue a falar de facer cousas para os demais e non se pensa que unha cidade accesible é para todos, non promete moito. Sen ánimo alarmista non podemos esquecer que ninguén ten garantido o mañá, o futuro. Aínda están a tempo de reconducir os programas tendo en conta que a nosa cidade tamén é a súa e que, en calquera momento, se lles pode volver agresiva.
Bravos, Marisol
Bravos, Marisol


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES