Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

viernes, 03 de mayo de 2019
A moviola matou a emoción

Tal como está hoxe o fútbol son partidario do VAR. Pero este tamén ten fallos. Acabo de ver un fallo do VAR. Para ser fallo deste, primeiro tivo que fallar tamén o árbitro. Fallaron os dous. Partido Real Sociedade-Xefate. Minuto 72, creo. Penalti a favor do Xetafe que o árbitro non ve. Mata (o xogador do Xetafe ó que lle fixeron o penalti ponse medio tolo) e case obriga ó árbitro a que consulte co VAR. Os do videoarbitraxe din que non hai tal. Mal feito e mal mirado. Todos os que estaban vendo naquel Pingas de Orballomomento a repetición da xogada vían perfectamente que o porteiro da Real Sociedade lle daba no xeonllo a Mata, polo que o derribaba. Polas protestas, Mata conseguiu levar unha cartoliña amarela. Para rematala. E sen culpa ningunha.
Estou a favor do VAR. Pero tamén erra. Creo que quen realmente matou a emoción o fútbol foi a moviola, a repetición das xogadas por parte das televisións. Quizais os erros arbitrais fosen moi clamorosos antes de repetir as xogadas, pero cometíanse para un lado e para outro (con tendencia, por suposto, a tirar en contra do máis modesto; porque o que ten o poder manda en todos os conceptos da vida). Sen repeticións, sempre quedaba a dúbida de se acertarían ou non. Ó mellor tiña razón o árbitro. Ó mellor vimos nós mal. Pero, agora, co VAR, si apreciamos máis os erros que cometemos uns e outros.

É igual

Moitos xa respiramos. Algúns quedaron algo así coma baleiros. A trangallada toda da eleccións xa é historia (certo, por tan só un suspiro; as municipais xa están aí). Uns deixan escapar toda a tensión acumulada dos últimos días e outros pouquiños lanzamos, por fin, bombas de palenque porque os xornais volven á normalidade. Que queredes que vos diga; a min cánsanme, abúrrenme tantas páxinas adicadas ás eleccións. E moito máis cando sei, desde un primeiro momento, a quen vou votar, polo que non preciso saber nada máis. Agora, rematada xa a campaña, volvendo os xornais á rutina, tamén eu deixo de falar dunha política da que sempre digo que me aburre, que me cansa. Sei que non hai maior desprezo que a ignorancia. Vaia, estou a darlle ideas ó lector... que me ignoren. É igual; chégame con saber que me len tres ou catro, e que cinco andoriñas pousan sobre dous ou tres balcóns das casas de Baños de Molgas. É igual; eu escribo ó mesmo tempo que escoito a Vangelis. Ou a Milladoiro. É igual; mañá abrirei este xornal e xa non me atoparei con tantas páxinas sobre as eleccións. Abrirei outros xornais e, polo menos, xa lles lerei os titulares, pois estes días pasaba as páxinas da campaña á marcha de Usaín Bolt. É igual; por fin as andoriñas vótanse a voar.

Non somos persoas civilizadas

O ser humano é torto. É torto por natureza. E porco. E nugallán. E desinteresado. Levo uns días fixándome no aparcadoiro do Mercadona de A Valenzá e a xente deixa os Pingas de Orballocarriños que usou para apañar a compra como lles dá a gana. Si, porque agora temos a vantaxe de que non lles puxeron as famosas cadeas de enganche e que tiñamos que desenganchalos metendo unha moeda, ou ben de 0,50 euros ou ben de 1 euro. Digo que temos a vantaxe porque, ás veces, non tiñas ningunha desas moedas e había que perder tempo cambiando billetes nas caixas. Non obstante, creo que esa vantaxe vai ser por pouco tempo; a non ser que nos portemos como persoas civilizadas. Como non nos portaremos como persoas civilizadas (porque non somos persoas civilizadas), os do Mercadona terán que retroceder de novo no tempo para engancharnos os carros. Pois se non o fan, os tortos, porcos, nugalláns e desinteresados deixaremos os carros polo aparcadoiro adiante, sen importarnos para nada que ocupen prazas nas que poderían meterse os coches. Imaxino a situación: “eu xa fixen a compra... o que chegue que se busque a vida”. Porque custa horrores, logo de meter as bolsas no maleteiro do coche, de levar os carriños ós lugares dispostos para a súa situación.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES