Nosa nai, Galiza!
Outeiro, Mario - lunes, 06 de mayo de 2019
Poema para ser recitado en grupo, cun/ha narrador/a principal e unha coral que enérxica repita as palabras en maiúscula.
Nosa Nai que estás en todo:
Galiza,
es ti frol fermosa no medio do outono.
GALIZA!
Acende a loita das nosas liberdades
pra facer a vontade dos probes
dende Fisterra aos Ancares.
GALIZA!
Danos o pan día tras día,
Galiza,
mais non perdoes a cantos aldraxan
a amada lingua de Rosalía.
GALIZA!
Apreixa a fouciña; fuxide
caciques, temede a xustiza!
NAICIÑA!
Galiza que tes de nome:
Naiciña,
en ti confiamos a nosa sorte.
NAICIÑA!
Prima raíña da áurea vella,
racha antergos elos que
aínda te amordazan, na Terra.
NAICIÑA!
Achega aires novos
Naiciña,
nos peitos dos bardos que
ledos cantaron eses teus ollos.
NAICIÑA!
Levanta a testa, fixa a vista,
e sen mirar pratras, camiña!
GALIZA!
FICHA TÉCNICA
Idioma: galego.
Xénero: poesía.
Público: adulto.
Ano creación: 2014.
Publicación: Premios Terras de Chamoso. Libro recompilatorio dos traballos gañadores do certame literario Terras de Chamoso. IV, V e VI edición (2010-2012). Asociación Cultural Arumes do Corgo. I.S.B.N.: 978-84-694-1450-7. Páxinas: 196.

Outeiro, Mario
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora