Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Tamén no Nadal

jueves, 27 de diciembre de 2007
Cada vez que se fai un estudio socioeconómico, Galicia queda malparada en relación co resto do Estado español. Sempre nos últimos lugares.

Tamén no Nadal, xa que Galicia figura entre as comunidades que menos gasta co gallo das festas do Nadal, ó nivel de Canarias e Castilla-León, mentras que Valencia, Euzkadi, Cataluña e La Rioja ocupan os primeiros lugares deste escalafón festeiro. Foi a Federación de Usuarios e Consumidores Independientes a que afrontou un estudio sobre o investimento nas festas do Nadal, resultando para Galicia a cifra de arredor de oitocentos euros, supoñemos que por familia, o que nos van costar as celebracións nas que estamos inmersos.

Máis ou menos, os estudios van casando entre sí, e este conxenia con outro que ven de confeccionar o Instituto Nacional de Estatística, que acredita que os salarios máis baixos de toda España están en Extremadura, Canarias... e Galicia. Na nosa comunidade o soldo medio anual é de 15.621 euros, mentras que a media estatal é de 18.676.

Pódese pensar que se trata somente de estudios teóricos, baseados nas proporcións, que facilitan promedios, simplemente un xogo estatístico. E algo pode haber deso, pero é moi significativo que todos os estudios acaben por coincidir no noso subdesenvolvemento, nos escasos ingresos, no atraso en relación co resto dos territorios, e –en fin- por citar un último dato, o resultado do estudio realizado polo Observatorio Joven de Vivienda en España, que indica que os rapaces galegos menores de trinta e catro anos terían que gañar o doble para poder afrontar a compra dunha vivenda sin problemas.

Con tantos datos coincidentes, non se pode mirar para outro lado e esquecer a realidade. O dato do Nadal non tería importancia se non fose un máis na longa cadea. Podiamos aforrar nas festas para investir máis adiante. Pero non é así, simplemente non gastamos máis porque non podemos ou non debemos.

Mágoa ser austeros no Nadal, á forza.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania