Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Valorar o noso pasado

jueves, 02 de mayo de 2019
O pasado de cada persoa é como é.
Non o pode cambiar.
O que si podemos facer no presente é analisar o noso pasado e valorar todos os nosos progresos con relación á xeranción anterior.
Cada xeración vive na súa época e cos seus medios.
Cada época ten as súas características.
Do que se trata é de sacar o máximo rendemento ós nosos talentos cos medios dos que dispoñemos no momento que nos toca vivir...
Se botamos unha ollada á época que lles tocou vivir ós nosos pais, avós, bisavós…
Comprobamos que lles tocaron tempos moi duros, moi duros para os do medio urbano e moi duros para os do medio rural.
Penso que incluso pasaron fame.
Ata onde eu lembro, no medio rural, que foi onde me tocou nacer:
-Vivían da agricultura e a gandeiría a nivel doméstico.
-Traballaban de sol a sol o campo co arado romano tirado por vacas do país: as rubias galegas.
- Algúns non tiñan terras ni vacas de seu: tíñan que leva-las pola renda
-Tampouco tiñan auga nas casas ata ben entrada a segunda metade do século XX.
-A luz eléctrica (de moi mala calidade, por certo) tampouco chegou ata a segunda metade do seculo XX.
-Pasaron a guerra civil, co que eso significa…
- Faltaban moito á escola porque tiñan que axudar na casa.
-As vías de comunicación eran corredoiras chegas de lama.
-O veículo utilizado era o carro do país tirado por vacas, cabalos, bestas, burros ou bois nos casos máis afortunados.
-Vestíanse con roupa feitana casa por costureiras que ían coa máquina na cabeza de casa en casa.
-Calzábanse con zocas ou zocos que facían os zoqueiros. Soamente tiñan un par de zapatos par ir á misa e ás festas.
-Alimentábanse maioritariamente de caldo galego e para almorzar: sopas con refrito.
O leite reservábase algún para as criaturas e o resto ía para o leiteiro que pasaba a recollelo tódalas mañás polas casas.
Os ovos ían para a feira onde os esperaban as tratantas que os levaban para as vilas e cidades.
A carne era a dos porcos que se criaban na casa.
Matábase polo san Martiño e había que levarlle a proba ó veterinario para que a analisara.
Comíanse as vísceras e o resto salgábase para que se conservara, pero había que regala para que alcanzara para todo o ano.
O pan era de centeo, millo e algún trigo; cocido na casa cada quince días.
-O coche de liña pasaba unha vez ó día pola estrada xeral, que era de terra ou empedrada.
Moita xente ía a pé por non ter con que paga-lo billete.
-Dormíase en xergóns recheos de pluma de millo que se removía cada vez que se facía a cama para que estivera “esponxoso”.
As sabas eran de liño e había cobertores e colchas de trapos feitas nas tecelás.
Algúns tiñan colchóns de virutilla e os máis afortunados tíñanos de la da ovellas.

Para a infancia de hoxe en día, eso parécelles prehistórico; pero son as súas raíces máis próximas.
Cómpre dicirlles que:
Os nosos avós tiñan a mesma capacidade intelectual que nós; o que non tiñan era medios.
Aínda así conservaron:
-A unidade familiar: convivindo varias xeracións baixo un mesmo teito.
-A nosa querida lingua galega que nos dá identidade propia.
-As tradicións: festas populares, en honra ós eus respectivos santos patróns parroquiais, as romarías, o Nadal, a Pascua, o Rntroido…
-A escola rural, á que acudían medio centos de nenos e nenas de tódalas idades en pésimas condicións.
-A vida de parroquia arredor da igrexa á que acudían os domingos e festas de gardar a celebrar a Eucaristía.
E outras moitas…
Con moito traballo, moito sacrificio, con moi poucos cartos pero moi boa administración e moi bos principios poideron darnos un futuro mellor á nosa xeración.
Debemos valorar moito o seu mérito e conservar esas cualidades tan boas que permitiron unha melloría tan grande da que disfrutamos hoxe en día.
E NUNCA, NUNCA, NUNCA…AVERGONZARNOS DO NOSO PASADO.
Os nosos antepasados déronnos o mellor que tiñan e grazas a eso, conseguimos susperarnos con moi poucos medios.
A primeira vista: moito máis doado o temos agora.
Témolo moito máis doado no aspecto económico
Outro cantar é o aspecto espiritual que o temos moi abandoado.
Por eso hoxe en día resulta tan difícil a educación das criaturas de xeito saudable, moralmente falando.
Hoxe temos máis perigos que nunca.
Eso vémolo cada día.
¿Por qué hai tantos asasinatos?
¿Por qué hai tantos suicidios?
¿Por qué hai tanta inmoralidade?
¿Por qué tanta corrupción?
¿Cara a onde imos?
“¿CARA A ONDE IMOS?”
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES