Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Xornada de reflexión

lunes, 29 de abril de 2019
Para que este Recuncho saia os luns, teño que escribilo os sábados. “Ou antes dos sábados”, me dixeron. É sábado. Xornada de reflexión. Un servidor reflexionou arrincando a pulso (coa axuda da muller, todo hai que dicilo) 104 postes de cemento de dous metros, os menos, e de 2,25, os máis. E enterrados todos eles a máis ou menos medio metro de profundidade. Aí, facendo forza nas..., digo nos brazos, reflexionei sobre o que fixeron e deixaron de facer. A balanza (aínda que eu prefiro a romana) estaba e está moi desequilibrada. En contra de todos eles, por suposto. Reflexionei principalmente sobre a agricultura, xa que estaba eu neses momentos enganchado a ela, é dicir, abandonando unha viña de case unha hectárea porque, simplemente, non merece a pena. Emporiso, teño que dicir que só reflexionei durante un minuto ou dous, porque, sinceramente, o da reflexión non vai comigo. Hai moitos anos que non reflexiono sobre quen teño que votar porque xa o sei. Como tamén sei a quen vou votar Xornada de reflexióndentro de catro ou oito anos. Tal como está a situación no noso país non necesito reflexionar. Así é que lle dei ó reprodutor da música do móbil e aí si que empezou outra feira. Unha feira que, co seu ritmo, e sen esaxerar, ata levaba moito mellor o arrinque dos postes. Empuxaba con máis forza, con máis ansia, con máis ritmo. Aquilo era xemer un chisco e, ale, poste de cemento ó chan. Máis ou menos coma os programas electorais... todos á papeleira, ó lixo. Porque o luns (hoxe) todos os programas serán xa pasto do lume, do esquecemento. O luns (hoxe), acadada a poltrona, para que preocuparse máis: sentarse, mandar e esperar.

O luns (hoxe) xa sei que os meus non ganaron. Porque eu sempre vou cos vencidos, cos derrotados. Pero estou contento igual. Son feliz. Eu cumprín coa miña conciencia e creo que as minorías, ás veces, temos razón. No caso da maioría, opino que hai moito medo. A xente tenlle medo ó descoñecido, ó que pode chegar. Porque igual o fai peor que os que están, que os que estiveron. Pero... e se o fai ben, se o fai mellor? Ademais, todo é moi sinxelo: se ós catro anos non responde ás perspectivas... fóra con el. Así de simple. Non hai por que ter medo.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES