Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Darío Rivas Cando

lunes, 29 de abril de 2019
Recibo a noticia de que morreu na Arxentina Darío Rivas Cando, aos 99 anos. Só agora, verdadeiramente, descansa en Paz.

Dario Rivas naceu no Concello de Castro de Rei, onde seu pai foi alcalde nos anos trinta. Fose para líbralo da violencia daqueles tempos, ou para buscarlle un futuro na emigración, entón moi puxante en contraste coas escasas posibilidades do rural galego, seu pai mandouno aínda neno para Arxentina

Dario, na Arxentina, traballou, fíxose maior, conseguiu unha boa posición económica, foi propietario-director de empresa, pero quedou mancado e marcado para sempre polo asesinato de seu pai sendo alcalde de Castro de Rei.

A teima que presidiu a súa vida foi atopar os restos paternos que permanecían en paradeiro descoñecido, xa que ao ser paseado alevosamente recibiu vergonzante sepultura en lugar non sagrado que Darío buscou infructuosamente durante moitos anos.

Cada visita a Galicia, de novo Darío intentaba atopar os osos de seu pai, e tivo que agardar ata 2005, ano no que coa axuda das asociacións da Memoria Historica, e o apoio de moita xente, conseguiu que se excavase ao lado da igrexa de Cortapezas, no concello de Portomarín onde se encontraron uns poucos osos que se acreditaron como de seu pai, conseguindo por fin o máis importante propósito da súa vida.

Coñecino, trateito e estimeino –con varios amigos comuns que me achegaron a el- e fun testemuña do seu teson, da súa fortaleza, e da súa ledicia por conseguir o seu obxectivo.

Xosé Manuel Carballo, gran amigo de Darío, escribeu a súa historia; a Deputación rendeulle homenaxe o ano 2014 pola súa teima e a súa fe democrática… e el, na Arxentina, planteou unha querella criminal polos crimes do réxime franquista que foi aceptada a trámite e que forma parte da súa herdanza de fe na liberdade e na defensa dos que perderon a voz, dedicando os últimos anos de vida á defensa de todos os que morreron alevosamente e foron sepultados ás beiras dos camiños, en lugares incógnitos, para borrar a súa memoria.

Nos últimos tempos foi perdendo enerxía e actividade, porque a natureza foi esixindo o seu tributo. Ven de morrer na súa segunda patria. Por fin, está co seu pai. Que a terra lle sexa leve.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania