Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Chegar a netos

miércoles, 26 de diciembre de 2007
A nosa fala popular ten o dito de que “A ver se chega a netos” cando se refire a unha situación satisfactoria, e se teme que non poida consolidarse ou se prolongue no tempo.

Falar de netos, en tempos, era plantearse prazos moi longos, xa que as xeneracións eran amplas e as vidas máis curtas. Hogano, os netos veñen máis cedo e os avós teñen unhas previsións vitais cada vez máis longas.

Cando os emigrantes galegos (un de cada tres españois que foron ó extranxeiro) deixaron este país, moitas veces tamén renunciaban á súa nacionalidade, coa perda de dereitos que daquela podían non ser demasiado apetecibles pero na actualidade sí o son, especialmente en comparación coa realidade de moitos dos países onde foron acollidos.

O presidente galego, Pérez Touriño, ven de facer unha viaxe por Hispanoamérica, e nas explicacións dadas á súa volta subliñou a idea de que todos os netos de emigrantes -non só exiliados como en principio se consideraba- poidan ter acceso á nacionalidade española. Poderán votar, e poderán optar a postos de traballo; terán igualdade de dereitos e deberes ca do resto dos galegos.

Chegará así a netos -ós netos dos galegos emigrantes- a realidade da Galicia de hoxe, da que todos somos beneficiarios e á que teñen tamén dereito os herdeiros dos que se foron buscando mellor vida, contribuíndo con ese esforzo á melloría da realida da Galicia de entón e da Galicia de agora.

O tema parece de estricta xustiza, aínda que orixine dificultades. Medrará a nosa poboación, chegarán novos galegos de máis aló dos mares, recibiremos novas influencias externas, medraremos en todos os aspectos. E o beneficio que reciban os netos dos galegos que se foron repercutirá en todos nós.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES