Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O galego dos mitins políticos

viernes, 26 de abril de 2019
Ven este tempo das eleccións no que os políticos e as políticas galegas fan un esforzo por falar e dar o mitin en galego. Os que non son galegos todo o máis que fan é un saúdiño en galego. Nótaselles ás leguas os que fan o esforzo só para estas ocasións. O seu galego é castrapo ao revés. Se castrapo é falarmos castelán dominado pola sintaxe e o vocabulario galego, ao revés é falarmos galego coa sintaxe e vocabulario castelán.

No que toca á nosa lingua, cúmprese ao pé da letra a análise que se fai na lingua das nacións de Cataluña, de Euskadi e de Galiza; a análise política e lingüística é a seguinte: “A lingua catalá síntese independentista e nun amplo uso en Catalunia, ademais ten o Principado de Andorra co esa lingua oficial; o euskara séntese puritana e coa falla de popularizarse, aínda que xa deu uns pasos de xigante; o galego con un uso bastante aceptábel, síntese no perigo da mestura superposta do castelán Esta análise paréceme certeiro no uso dos políticos. Nós chamámoslle castrapo ao revés. Normalmente a eses mitineiros pódeselles cualificar de semi-analfabetos da nosa lingua. Non estudaron o idioma, nin leron unha gramática, e atrévense a discursar en galego con palabras e xiros casteláns, sintaxe castelá e, só para aparecer que saben galego, usan arcaísmos ou verbas soltas.

Nisto era un exemplo paradigmático o presidente Fraga, e ten un substituto moi concorde no mesmo posto, o Feijoo. De Rajoy non falo, porque nunca o escoitei falar galego. Os do galego ocasional son moito do “bilingüismo”, danlle ao galego só nestas ocasións sen preparación. Uns son do castrapo ao revés, e outros do castrapo ao dereito. E desa maneira temos os políticos “castrapados”, e a nosa lingua diluíndose no castelán. A nosa proxección emporiso, non vai cara o castelán, se quere ser lingua de seu, ten que ir cara o portugués, que somos irmanciños en case todo e daquela faise máis importante, e indispensábel.

Escoitamos ás veces aos políticos que ao falaren en galego estrágano de tal xeito que mesmo parecen un xabaril nunha leira de millo. Compre, xa que logo, señores políticos, dignificar a nosa lingua. Ten tantas posibilidades de xiros, de termos, de técnica, de sonoridades, de prosa e poesía, de reviravoltas coma os nosos ríos infindos, coma os nosos paxariños, coma os nosos mares e praias. Ten un valor de seu e iso leva consigo respectar a lingua. Para iso non hai máis remedio que facer uns cursiños, estudar a gramática, Hai moi bos dicionarios; incluso en internet. Se preciso fora contraten a un asesor de galego, un lingüista, que os hai e ben preparados, que queren traballar, para iso estudaron, para que os seus discursos reflictan a garantía literaria e gramatical.

Vexan algunhas castrapadas ao revés:

1) “Vamos a baixar os impostos” -din uns-, “vamos a subir os impostos” -din outros; en vez de “vamos baixar os impostos”, ou, “vamos subir os impostos”. O verbo “ir”, en galego non leva a preposición “a”. En galego dise “vou a correr”, quere dicir que vou correndo. Por conseguinte se digo “vamos a baixar os impostos”, quere dicir que “vamos baixando os impostos”.

2) En galego non utilizamos os tempos compostos. “Onte ninguén entendía porque han falado sempre todos a un tempo”, en vez de “falaron todos a un tempo”. Emporiso, temos verbos que os utilizamos moito como auxiliares, os máis usados: “dar” e “ter”, que fan locucións que nós empregamos tantas veces: “Non dou feito”; “teño lido todos os programas dos partidos”, que un galego sabe moi ben que significa. Un castelán non entende se lle digo “no doy hecho”, nin, “tengo leído...”.

3) Os pronomes van despois do verbo. “dígocho eu”; non, “cho digo eu”. Salvo que lle preceda un adverbio ou unha conxunción, “Ten en conta que cho digo ben claro”; “nunca cho direi con trampa”.

4) Hai quen quere diferenciar do castelán e non é para tanto. “non é convinte botar ao fascismo”, non é “convinte” nin “contrinta”. O correcto é “non é conveniente”; “silenzo” por silencio; é importante ter o portugués un pouco máis de guía e resólvelles moitas dúbidas.

5) Hai dúas palabras que en galego non deberíamos empregalas. Trátase do “pero” e do “sen embargo”. Son tipicamente castelás. Emporiso son moi utilizadas que vai ser difícil eliminalas do galego, sobre todo “pero”. Incluso o portugués utilízao. Vén do latín “per hoc” “por isto”, seguido dunha frase negativa.

6) E moi importante no exaxerar o...

Esta só é unha pequena mostra para aqueles que non están moi avezados nestes modos e maneiras da lingua galega, para abrirlles as gañas de dignificala.

E quero rematar facendo unha lembranza dos nosos emigrantes e exiliados que tanto fixeron, entre outras grandes obras, pola lingua fóra de Galiza Tede ben en conta que non digo estranxeiro, pois Bos Aires, ven ser como a quinta provincia de Galiza, Cuba, e México. Digo estas por non seguir, Uruguay, Perú..Cando aquí tiñamos proibido o galego e moitos libros, aló tomaba pulo de enriquecemento. O himno galego e a rianxeira naceu en Cuba, Castelao completou Sempre en Galiza e puido saír ao prelo en Bos Aires, os artistas como Luís Seoane, foi famosa a Editora Losada de Bos Aires, e tantos outros libros.
Ferreiro Currás, Anxo
Ferreiro Currás, Anxo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES