Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Unha limosna de 8.000.000€

miércoles, 26 de diciembre de 2007
O de que a obra da estrada entre Cabreiros e Vilalba reciba unha axuda de oito millóns e medio de euros con cargo ó Plan do Carbón pode parecer extraño se temos en conta que en Vilalba nunca houbo unha mina de carbón, pero non se temos en conta que nas Pontes, primeiro foi unha mina e logo veu toda a industria que hoxe coñecemos.

Se as cousas fosen como acordou no seu momento o goberno Aznar, a estrada que de Vilalba vai ás Pontes estaría totalmente rematada con cargo ós fondos do goberno. Pero como aquelo resultou papel mollado para a Ministra que consideraba unha porquería o Plan Galicia, a obra retrasouse de xeito definitivo, e as obras que agora se están facendo e costan arredor de corenta millóns de euros, van ir a cargo de Política Territorial da Xunta de Galicia por importe de trinta e dous e os oito restantes ó mencionado Plan do Carbón.

A industria das Pontes comezou coa mina a finais dos cincuenta, cando un extraordinario xacemento de lignito fixo nacer unha explotación para a producción de enerxía queimando carbón, non demasiado valioso nin con poder enerxético, pero razonando a explotación en base á súa localización, queimando o carbón mesmo ó lado do seu xacemento.

O lignito iría esgotándose, pero entón seguiuse queimando material comprado no exterior, importado, que entraba en Galicia polo porto de Ferrol e para o que facía falla unha adecuada conexión, autovía neste caso, coa explotación das Pontes.

Nas Pontes fixeron unha represa para refrixeración da industria e para a producción de enerxía, fabricaron nitramón e outros abonos, medrou unha industria auxiliar, e o que ó principio foi só unha mina chegou a ser a mellor xeración de postos de traballo de toda a comarca, beneficiándose os pobos do contorno, entreles Vilalba, onde residían traballadores que acudían a diario ás Pontes a traballar.

Non é extraño que con fondos do Carbón se fagan estradas. Aínda que cando se fala de carbón pensamos en explotacións mineiras en Asturias e en León, sen darnos conta de que tamén en Galicia hai minas, tamén en Galicia se sofre contaminación, especialmente en Galicia se sofren repercusións fortísimas da industria das Pontes que pagan os nosos labregos a través dos seus frutais, das súas hortalizas, nas súas fincas en xeral.

O dos fondos do carbón, a fin de contas, ven ser unha limosna. Que está ben, pero é unha limosna, cando anteriormente un goberno legalmente constituído tiña acordado un xeito de facer unha estrada. O que un goberno herda, se é democrático e o anterior tamén, debe respectalo, e se se acordou facer unha estrada con fondos estatais, todo o que veña despois, con fondos autonómicos e limosna estatal, é un amaño que por moi bo que sexa é peor que a solución inicial.

Agora, As Pontes pode ter futuro se se constrúe un lago artificial como se pensa enchendo os profundísimos socavóns dos xacementos consumidos. Pero só será un amaño. Moito haberá que facer para que no futuro As Pontes se pareza a un territorio humanizado, onde empezou cheirando a ovos podres pola acción do ácido sulfídrico, e rematou por converterse nunha paisaxe lunar na que se se chega de noite parece ter sido trasplantado a outro mundo onde gobernen as máquinas sobre as persoas.

A min de pequeno chamábame a atención nas Pontes a cor branca dos seus ladrillos, porque o barro empregado non era moi roxo; os prismas cristalinos dos xacementos de cuarzo existentes das Campeiras hacia Cervicol; o olor permanente que só notabamos os visitantes, xa que os residentes estaban perfectamente afeitos a aquel cheiro insoportable; os chalets pequenos do “poblado”, destinados á clase dirixente da mina; as festividades do 18 de xullo, que viñan ser prolongación das tradicionais festas do Carmen... Alí vin por primeira vez un escenario xiratorio onde tocaban dúas orquestras e cando se facía o cambio tocaban as dúas orquestras simultaneamente a mesma peza, e ou se estaba moi atento para ver como xiraba, ou perdías a oportunidade e de repente -como nun xogo de maxia- cambiaba a orquestra actuante. As Pontes era un emporio, un imperio, onde mesmo a represa da Riveira se convertía en escenario de competicións acuáticas que parecían olímpicas.

De todo eso, de todo o que eso significa, sacamos oito millóns de euros para unha estrada. Algo é algo. Aínda que sexa unha limosna.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania