Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Centos de dípticos sobre os frescos repartidos na Romaría dos Desamparados

jueves, 25 de abril de 2019
A pasada fin de semana celebrouse nos Vilares a festa da Pascua e a tradicional Romaría dos Desamparados, na que a Asociación Socio-Cultural Lareira de soños se encargou de distribuir entre os romeiros e feligreses centos de folletos informativos da historia e contidos das pinturas murais da igresa para contribuir ao seu coñecemento e valoración entre aquelas persoas que habitual ou puntualmente visitan o templo orixinario do século XII, a nave máis antiga, na cal se atopan as obras pictóricas do século XVI.
Centos de dípticos sobre os frescos repartidos na Romaría dos Desamparados
Outra iniciativa da Lareira de soños na campaña que desenvolve para reivindicar a restauración destas importantes obras cuxa autoría é atribuida ao Mestre de Parga e ao Mestre de Nogueira de Miño (a chamada Capela Sixtina Galega). Consúmase así outra acción que continuará nos vindeiros meses con novas propostas dirixidas a reclamar das diferentes administracións unha actuación conxunta que leve á salvación definitiva das pinturas dun incalculábel valor.

Esta semana, o presidente da Lareira de soños, Antón de Guizán, poñerase novamente en contacto coa dirección de Património da Xunta e os diferentes partidos políticos para interesarse polo estado dos acordos da Comisión de Cultura do Parlamento Galego e seguir a reclamar actuacións urxentes por mor do grao de degradación que están a acadar os frescos con serio risco de desaparición definitiva.

A neglixencia e abandono por parte das institucións públicas obrígannos a ter que plantexarnos denuncias a nivel de estado e mesmo en Europa, así como a ter que abordar algunha campaña de recadación económica (crowgunding) para acometer traballos que eviten este deterioro.

En calquera caso, a pretensión da Lareira de soños é seguir reclamando a restauración destas pinturas até o último momento dado o desinterés do Concello, a Deputación, a Centos de dípticos sobre os frescos repartidos na Romaría dos DesamparadosXunta de Galicia e mesmo da Igrexa nunha actuación necesária e urxente. O concello debera ser que estivese á fronte das demandas diante de outras institucións e a Igrexa, ter incluido os frescos dos Vilares nas previsións de restauracións nos últimos anos. Úns polos outros, e a igrexa sen barrer...

É lamentábel que teña que ser unha entidade asociativa sen ánimo de lucro nin recursos que vele e se interese pola preservación do patrimonio público mentras que os organísmos responsábeis miran a outro lado.

Spot videográfico, dípticos informativos, paneis na igrexa, informes a entidades de patrimonio galegas e estatais, mestrado na UDC, iniciativa parlamentar, visitas de técnicos e políticos á igrexa, iniciativa diante da valedora do pobo, artigos, anteproxecto de restauración, entrevistas con partidos politicos ou deseño artístico de imaxe foron algunhas das nosas accións para demandar a restauración dos frescos, até agora infructuosas, pero estamos certos de que coa perseverancia e a razón, as pinturas murais dos Vilares voltarán a lucir con todo o seu esplendor.

V SÉCULOS DE NÓS/FRESCOS DOS VILARES
#SalvemosOsFrescosDosVilares
Os Vilares, Lareira de Soños
Os Vilares, Lareira de Soños


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES