Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Non todo é cambio

jueves, 25 de abril de 2019
Certo que a vida está cambiando constantemente.
Certo que cada persoa tamén está experimentando cambios tanto físicos como psíquicos, constantememte.
Certo que a vida de hoxe en día ten pouco que ver coa da vida que levaron os nosos avós e coa que levan os nosos fillos e netos.
Certo que cómpre evolucionar…
Pero…
¡Non todo é cambio!

Non todo o pasado é malo.

Os nosos predecesores tamén loitaron canto puideron por ir mellorando a calidade de vida no momento que lles tocou vivir.

A nosa xeración non é a primeira en evolucionar, nin será a derradeira.
Sencillamente somos un peldaño máis desa escaleira que vai ascendendo cara a unha vida mellor.

Hai constantes que deben conservarse:
-Debe conservarse a lingua materna.
-Debe conservarse unha atención moi esmerada á infancia.
-Debe conservarse a unión da familia.
-Deben conservarse as relacións interxeracionais.
-Deben conservarse os valores morais e relixiosos xunto cos cívicos.
E deben conservarse outras moitas cousas que levan consolidadas desde tempos inmemoriais.
Por exemplo as linguas.

Tódalas linguas son importantes, independentemente de que unhas teñan máis falantes que outras.
Para cada comunidade, a mellor lingua é a propia lingua materna.
A LINGUA MATERNA FOI A PRIMEIRA QUE ESCOITAMOS DAS PERSOAS MÁIS QUERIDAS E MÁIS PRÓXIMAS QUE FORON AS QUE MARCARON OS PIARES BÁSICOS DA NOSA PERSONALIDADE.

Cando se trata dunha lingua minoritaria como pode ser a lingua galega; aínda merece máis coidados porque en caso contrario estaría en perigo de extinción e sería unha pobreza lingüística para todos.

Por moitos adiantos que haxa, A INFANCIA DEBE TER UNHA ATENCIÓN PRIVILEXIADA tanto dentro do seo da familia como a nivel social.

Todos aspiramos a ter unha mundo un pouco mellor cada día; pero…
-¿Quen nolo construirá?
-As criaturas de hoxe en día.
AS CRIATURAS SON AS QUE RENOVAN A FAZ DA TERRA CONSTANTEMENTE.
Pero…a infancia sen a axuda adulta non pode desenrolarse.
Dentro do seo familiar é onde mellor o pode facer.

Grazas ás familias que poden dar unha boa formación á infancia, o futuro pode progresar.
Esa familias teñen moito mérito.
Unhas teñen máis mérito que outras, pero todas teñen moito mérito.
Hai familias que teñen un bo nivel familiar, cultural e social.
A esas familias resúltalles moi doado mandar ós seus pupilos a escolas de élite, a bos campamentos, a recibir formación ó extranxeiro…
PERO A MAIORÍA NON TEN ESAS OPORTUNIDADES; ten que conformarse con menos; pero como -A NECESIDADE AGUDIZA O INXENIO-; tamén na clase media saen persoas moi válidas e ben formadas.
Estas persoa son moi válidas porque saben o que é o esforzo e a entrega.
SABEN O QUE HAI QUE LOITAR PARA ACADAR A META DESEXADA.

En boa medida, a nosa sociedade descansa nestas persoas que tiveron que loitar duro para labrarse un bo porvir.

O que verdadeiramente produce escalofríos e saber que en España hai varios millóns de nenos que non teñen as primeiras necesidades cubertas.

A MOITOS NENOS E NENAS NON SE LLES DAN OPORTUNIDADES.
Incluso hai unha parte da infancia española de hoxe en día que pasa fame.
Esto nun país como o noso non debería permitirse.
En fin…

Non todo é cambio; pero O QUE SI DEBERÍA CAMBIAR SERÍA A ATENCIÓN Á INFANCIA que lle toca nacer en familias económicamente débiles.

Quizais gañaríamos algunhas lumbreiras máis e sairíamos todos beneficiados.
Porque as lumbreiras nacen onde menos se pensa; pero tamén teñen facerse.

“AS LUMBREIRAS NACEN E FANSE”
Este será o título do seguinte artigo.

Moitas grazas polo que deixa colaborado coa infancia para que nos constrúa un mundo mellor.
E moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES