Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Renda e desenvolvemento

lunes, 24 de diciembre de 2007
A provincia de Ourense é a máis subdesenvolvida de Galicia, e sen embargo é a súa capital presenta a cifra máis elevada en canto a renda por habitante.
Caixanova edita anualmente un Atlas Socioeconómico de Galicia, no que se reflicten datos ben interesantes para a programación, actividade, plantexamento de futuro.
E o Atlas correspondente ó presente ano reflicte o que parece ser un paradoxo: que a renda por habitante é máis elevada precisamente nas zonas menos desenvolvidas e con poboación máis envellecida.
A capital do concello e da provincia de Ourense é, dos grandes concellos galegos, o que presenta maior nivel de renda por habitante, chegando ós 13.076 €. En Pontevedra é de 12.205, e en Vigo de 12.027, a pesar de que o nivel de industrialización e de desenvolvemento non seguen esta escala senón que son totalmente contrapostos.
Os especialistas de Caixanova queren ver nestes resultados que estas zonas de alto nivel de renda pero subdesenvolvidos teñen potencial para medrar e conseguir situarse en mellor posto en canto a industrialización e aproveitamento de recursos.
Estas rendas que agora se analisan son, globalmente, ata un once por cento menos que a media española, o que tamén visto con bos ollos é un dato gratificante xa que hai cinco anos a diferencia era do quince por cento. Tendemos á converxencia coa media española o que, alomenos, debe causar unha moderada satisfacción.
Renda e subdesenvolvemento, por agora, non van parellos. Pero a nave móvese, e parece que no bo camiño.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES