Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

45 aniversario da ‘Revolución dos Caraveis’

martes, 23 de abril de 2019
O 25 de abril deste ano, conmemorase o corenta e cinco aniversario da ‘Revolución dos Caraveis’, o mellor a derradeira das Revolucións na vella Europa, nun Portugal antigo que nada ten que ver co país de hoxe.

Naquela madrugada do 25 de abril de 1947, un selecto grupo de militares profesionais decidiron revelarse contra o Goberno de Marcelo Caetano, continuador da dictadura Salazarista que dominaba Portugal dende 1926.

Ese 25 de abril co apoio masivo da cidadanía civil que se sente identificada coa actitude dos membros chamados “Movimento dos Caitáes” comeza a albiscar un futuro máis amable.

As mulleres de Lisboa, van colocando caraveis vermellos nas bocas dos fusiles cos que está armada a tropa. Despois as cancións, o adeus, interpretado por Paulo de Carvalho e que con outra canción “Grándola Vila Morena” de José Afonso, daba aviso de que xa non había volta atrás no camiño que debía levar o país, de cara a un novo porvir por todos desexado.

A famosa e admirada revolución dos caraveis, sen sangue, con flores, música e un aquel de romanticismo levaba ata Portugal o ollar fascinado dunha grande parte do mundo.

Hoxe quen visite Portugal pode constatar o grande desenrrolo do país veciño, contribuíndo de cheo á formación dunha nova clase media e de dirixentes cualificados que foron a verdadeira revolución.
Rodríguez Porto, Ramón
Rodríguez Porto, Ramón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES