Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Tribuna da Costa: Pascual Veiga

domingo, 23 de diciembre de 2007
O vindeiro xoves, día 20, cómprense os cen anos da estrea do Himno Galego (aínda non designado como tal), feito que naquela data ocurría no Gran Teatro do Centro Galego da Habana. Unha efeméride que se ben é digna de celebrarse por tódolos galegos, e así se está a facer, mais polos mariñanos por ser o autor da música un veciño noso, e que polo tanto nos resulta mais próximo: o inmorrente Pascual Veiga.

Foi pois na emigración, e non na nosa terra, onde por vez primeira se escoitaron os sons da música que Veiga compuxera sobre a letra de “Os pinos”, de Eduardo Pondal, nunha velada concebida para recaudar fondos destinados a erixir un monumento no cemiterio do seu Mondoñedo natal ó autor da “Alborada”, falecido un ano antes; iniciativa que partira de Xosé Fontenla Leal, un emigrante modesto, un tipógráfo con grande inquietude cultural e non menos amor á Terra. Días despois deste evento, él mesmo propuxo que aquela composición se adoptase como Himno de Galicia e así acabou sendo. Dez anos transcurrirían para que soara na nosa Patria, concretamente nunha festa organizada polo Recreo de Artesanos da Coruña.

Unha vida, a de Veiga, e unha historia, a do Himno, que merecen ser coñecidas e que con tal fin van a levarse a cabo na nosa bisbarra diferentes actos de divulgación e de exaltación da figura do autor da “Alborada” e do Himno; delas dixo Cal Pardo que “sintonizan á marabilla coas mais íntimas fibras musicais da alma galega e son suficientes para inmortalizar a un músico”.

O 12 de xuño de 1906, Pascual Veiga morre en Madrid na pobreza e no anonimato. Só uns cantos amigos acompañarán o féretro polas rúas madrileñas: “ … la indiferencia de la gran ciudad vio pasar la humilde comitiva fúnebre sin preguntar siquiera el nombre del muerto; quizá cientos de gallegos vieron el solitario cortejo, sin presumir que se iba a enterrar una legítima gloria de nuestra tierra: el autor de la “Alborada”, que muchas veces llevaría a sus almas el grato recuerdo, la vivísima emoción del amado terruño”. (“Vida Gallega”).

Sería unha vez mais a emigración quen tomara as rendas dunha noble iniciativa: trasladar os restos mortais do músico ausente ás súas amadas terras mindonienses. O Centro Galego da Habana e os galegos de Bós Aires, coa implicación dos representantes de Mondoñedo, serán os artífices do traslado definitivo á súa derradeira morada.
O 18 de setembro de 1912, Veiga é soterrado no cemiterio de Mondoñedo, no que foi acaso o enterro mais multitudinario da historia da cidade bispal.

A revista antes mencionada, decía: “ Mondoñedo recibió con esplendores los restos de su esclarecido hijo, que en Madrid llegara a la fosa acompañado solamente de contados amigos que lloraban el abandono en que el glorioso autor de la “Alborada” había caído a la última hora de su vida, toda modestia”.

A vella cidade abarrotouse de xentes chegadas de tódolos puntos de Galicia: políticos, intelectuais, xornalistas, relixiosos, militares, representantes de institucións culturais, civís e militares, de Centros Galegos e multitude de coroas.

Os cen anos do Himno e os noventa e cinco da chegada dos restos mortais do seu autor á nosa bisbarra debería de ser acicate que movese as vontades rexentes, para promover unha obra transcendente: a creación do Museo Comarcal da Música. E decimos “comarcal”, dende a amplitude de miras que esixe a visión do futuro dos nosos pobos, porque implicaría a aportación a ese fin daquelas poboacións mariñáns que, pola súa historia neste eido da cultura, dispuxeran de material referido á mesma, susceptible de ser cedido, e así artellar un ente atractivo turísticamente pola importancia do mesmo, e polo tanto un reclamo para a visita cultural, así como un paso importante hacia esa Cidade dos Museos da Mariña que propugnamos e que sen dúbida iría en beneficio de todos e cada un dos concellos da comarca, como sucede sempre con todo polo de atracción; exemplos temos no noso contorno.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES