Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Á beira do Camiño: ¡Bo Nadal!

sábado, 22 de diciembre de 2007
¡Para todos e para todas! Sen distincións. Especial para os pobres que ocupan o primeiro lugar, ao xeito de Deus que se acercou ao mundo en Xesús, pobre, sinxelo e no mundo dos excluídos. Ao redor do meirande Acontecemento da historia da Humanidade (¡no mundo de cultura cristiá!) amoréanse xeitos de celebracións contraditorios, antagónicos e hipócritas. O que estamos a vivir (tamén os cristián) non ten que ver co que aconteceu fai 2000 anos.

Cómpre reflexionar. Por enriba da nosa fe/crenza, a todos nos tiña que preocupar acadar máis coherencia como persoas. Polo feito de selo e por respecto á tradición. Como cristiáns, por fidelidade a Xesús. Celebramos que Deus chega en sinxeleza, humildade e pobreza. Ven compartir vida e amosar camiños. E nosoutros enchemos as rúas e as nosas casas de luces, festas, comidas e bebidas caras. E baleiramos o corazón. E a mente.¡Reina o consumo!.

Cos nosos abusos, humillamos aos que non teñen pan que levar á boca, aos inmigrantes sen traballo, aos sen teito. Non reparamos neles. Nin nos veciños con pensións de miseria. Tamén aquí, na Terra, diante declarados e vergoñentos soldos de dirixentes. A salvación do mundo non vai vir por ningún destes redentores. Menos aínda polo asfixiante e alienante consumo. Nin polos poderosos.A Humanidade vai ser liberada do mal, da inxustiza, da violencia...cando sexa reorientada cara a forza que ven da Luz, do Amor, da Xustiza (que leva a un xusto reparto dos bens/riquezas) o que fai posible manter a Esperanza. Esa salvación é a que nos ofrece Xesús. Ese é tamén o Nadal que temos de compartir e celebrar! ¡Bo Nadal, amigos/as!
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES