Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Galicia, eleccións xerais e acción exterior

viernes, 19 de abril de 2019
Cabe alegrarse de que as propostas galegas que concorren aos comicios xerais incorporen cada vez máis nos seus programas reflexións e medidas a propósito da nosa acción no ámbito dos intereses exteriores. Isto importa especialmente para influír, en Galicia, eleccións xerais e acción exteriorprimeiro lugar, nun cambio na nosa cultura política que sexa capaz tanto de ampliar horizontes como de sumar a internacionalización en todas as súas dimensións ao catálogo de demandas do país.

En efecto, non se trata só de asegurar a plena participación das autonomías no desenvolvemento das propias competencias no marco europeo e global, senón de instar a participación directa na concepción e xestión dos propios intereses exteriores do Estado, que debe dar cabida ás súas necesidades e ambicións establecendo sinerxías mutuamente beneficiosas.

Fronte á tendencia recentralizadora instada por algunhas formacións políticas nos últimos anos, compre opoñer neste eido un pensamento exterior acorde coas esixencias de transformación e participación cívica nas políticas públicas -e esta tamén o é- capaz de incorporar aqueles eidos nos que Galicia pode desenvolver políticas específicas que deveñen das súas propias características nacionais.

Admitida a crítica sobre a improcedencia de regulamentar por decreto a nosa acción exterior, agora que a Xunta de Galicia semella proporse a elaboración dun novo marco normativo na busca do máis amplo consenso, importa, primeiramente, instar a modificación da lei estatal da acción e do servizo exterior, de 2014, para superar a visión restritiva que a inspira instando outra acorde cunha visión da participación internacional que responda aos requirimentos dos novos tempos.

Case corenta anos despois de aprobarse o estatuto de autonomía, incluso as tímidas previsións que contempla relacionadas con esta materia seguen á espera de desenvolvemento. O estado, Europa, o mundo, cambiaron de xeito notable dende 1980. Non semella haber condicións para modificar agora ese estatuto pero si pode habelas para procurar un maior alongamento da nosa esfera de actuación e tamén para achegar unha maior e mellor cobertura desas accións. Por suposto, a regulación do voto exterior, a incorporación da nosa diáspora á acción política, a asunción a todos os niveis da realidade plural do Estado e a súa visibilización global, o papel preponderante de Galicia en áreas e eidos específicos, etc... requiren atención urxente.

É posible aquelar unha axenda común con vascos e cataláns para promover un compromiso activo cunha visión transformadora no trazado da política exterior estatal. Partindo da coincidencia na defensa de valores e principios compartidos, pódese mesmo aspirar a reforzala cunha vontade innovadora na praxe exterior que poña coto á belixerancia exclusivista de tempos recentes. A suma a partir da incorporación da pluralidade non ten por que debilitar o Estado e este e todos deben preocupárense de dotar de coherencia a presenza exterior dos respectivos axentes. É posible consensuar unhas regras de xogo.

Para actuarmos no mundo temos tamén que actuar a través do Estado. Facendo uso dos seus activos e mecanismos, na conxuntura presente importa ser capaces de integrar a pluralidade existente en termos de representación co desenvolvemento de políticas no eido exterior.
Ríos, Xulio
Ríos, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES