Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O maltrato aos maiores

lunes, 15 de abril de 2019
As malas accións deberían ser penalizadas ou castigadas a conciencia. E despois intentar que non se volvan repetir. Pero vivimos nun país no que é moi complicado impartir xustiza E cando se imparte, moitas veces, é máis, a maioría das veces, faise mal. Non é de recibo que a unha persoa lle metan tres anos de cárcere porque en Oira seica acadou un botín de 200 euros, cando polo maltrato a uns maiores na residencia Los Nogales, no distrito Hortaleza de Madrid, tan só lles poden caer ós tres empregados que os maltrataban (Mónica Moya Pérez, Bryan Israel Noboa Calle e María Josefa Trueba López) entre dous e seis anos de cárcere. Non, así non se imparte xustiza. Pero como se vai impartir se xa desde un primeiro momento pechamos os ollos ante os acosos escolares e ante os tratos ás persoas da terceira idade. Sabemos que sucede todo iso. Os centros sábeno e miran para outro lado.

O maltrato aos maioresSegundo a Organización Mundial da Saúde (OMS) o 33% dos velliños de todo o mundo que están en xeriátricos sufriron abusos nos últimos anos. Moi triste o dato. Aínda que é moito peor o maltrato no propio fogar, nas propias familias. Deste fálase que pode alcanzar ata un 90%; que é moito máis triste o dato. Cando vemos que unha persoa non se defende ben, sempre tendemos a abusar dela. E non digo nada se nos altera os nervios, se nos rilla na paciencia.

Ó non valerse por si mesmos, ós coidadores cústalles deus e axuda axudalos, valla a redundancia. Eu mesmo, cando coidaba ó pai con alzhéimer notaba que a paciencia, ás veces, era pouca. E berráballe. E rifáballe. Mais digamos que era tan só unha arroutada para descargar un chisco a impotencia. Pero de aí a zouparlle vai todo un mundo. Porque coas labazadas van os auténticos insultos e a auténtica rabia. Despois o peor aínda é saber que o entorno familiar ou os centros de maiores son coñecedores dese maltrato. Por iso me dá rabia que por auténticas accións desprezables, abxectas se castigue con tan pouca penitencia. E que por 200 euros te pases á sombra tres anos. Non, a xustiza non anda ben no noso país. A verdade é que nunca andou ben. E, ollo ó dato, non dixen nin mu sobre os asuntos políticos. Que con estes a xustiza... (puntos suspensivos)
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES